Santa Irene, Arca, O Pino
| Santa Irene | |
|---|---|
Capela de Santa Irene de Arca | |
| Parroquia | Arca |
| Concello | O Pino |
| Coordenadas | 42°54′59″N 8°19′54″O / 42.9165, -8.33175 |
| Poboación | 8 hab. (2019) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Irene é un lugar da parroquia de Arca, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 8 habitantes (3 homes e 5 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Santa Irene é un haxiotopónimo referido a Irea de Roma e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación, a carón do Camiño Francés.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes do seu traslado ao Pedrouzo, a casa do concello do Pino atopábase no actual Albergue Público de Peregrinos de Santa Irene, que está a 330 m ao oeste do núcleo principal de casas de Santa Irene, en plena N-547[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A ermida de Santa Irene data do século XVIII e ten unha planta rectangular e dous corpos, sendo o absidal de maior altura e traza máis antiga[3]. No interior destaca un elaborado retablo neoclásico de tres rúas[4].
Na contorna atópase o chamado castro da Roda do Castro, ao norte do monte de Astrar e ao sueste do núcleo de Santa Irene, nunha cota media de 400 metros. Está pouco alterado, pero non está escavado[5].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Aparcadoiro dun restaurante de Santa Irene cun Pelegrín
-
Sinal orientativa do Camiño de Santiago
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Arca
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
|---|---|
|
Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa |
Parroquias do Pino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Morán, Xurde (1-10-2015). "O Pino (Galicia): de Santa Irene hacia A Rúa, O Pedrouzo, Santo Antón y O Amenal en la etapa final a Santiago". Xurde Morán (blog) (en castelán). Consultado o 18-8-2020.
- ↑ "Arquitectura Religiosa (Ermitas). Ermita de Santa Irene" (pdf). patrimoniodeopino.es (en castelán). p. 1.
- ↑ Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 23.
- ↑ Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 94.