Rego do Burgo, río Brandelos
| ||||
| Tipo | regato | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | España | |||
| Localización | Arca | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Touro, España | |||
| Localización | Bama | |||
| Desembocadura | río Brandelos | |||
| ||||
| Características | ||||
| Altitude | 365 m | |||
| Dimensións | 7,72 ( | |||
O rego do Burgo ou rego de Puntillón é un afluente do río Brandelos que discorre polos concellos do Pino e Touro, na comarca de Arzúa e ten unha lonxitude total de 7.720 metros[1][2][3].
Características
[editar | editar a fonte]Nace na Chousa de Abeas, dentro da parroquia de Arca e preto do lugar de Samil, a uns 365 metros de altitude[1], e desemboca no río Brandelos á altura do lugar de Sar, na parroquia de San Vicenzo de Bama, a uns 185 metros de altitude[2], seguindo unha dirección norte-sur sen apenas describir grandes revoltas.
Apenas a 1.800 metros do seu nacemento, nun meandro, atópase o castro da Roda ou de Vilaboa[4][1]. Pouco despois vai bordeando polo leste a capital municipal do Pino, O Pedrouzo[2], deixando o lugar do Picón ao seu leste[3]. A dous quilómetros do seu encontro co Brandelos, preto do lugar da Sapeira, na parroquia de Bama, o rego do Xeimar vai converxer con el. Por fin, apenas a uns centos de metros ao sur dunha área de extracción de áridos, a antiga mina de cobre de Río Tinto, o rego do Burgo ten o seu encontro co Brandelos[2].
Conta con cinco subafluentes, sendo o rego do Xeimar o máis importante deles.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Este rego debe o seu nome ao lugar do Burgo, que atravesa. Por este lugar pasa o Camiño Francés a Santiago.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-I (09-13). Sigüeiro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.
- 1 2 3 4 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.
- 1 2 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-IV (10-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.
- ↑ Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 94.
