O Picón, Arca, O Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°54′16.80″N 08°20′51.50″O / 42.9046667, -8.3476389

O Picón
ParroquiaArca
ConcelloO Pino

O Picón é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa, a pouco máis dun quilómetro ao leste da capital municipal, O Pedrouzo.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Arquitectura civil[editar | editar a fonte]

O elemento patrimonial de maior relevancia deste lugar é o chamado Pazo do Picón, un edificio barroco do século XVII.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Algúns dos topónimos que se atopan nas inmediacións do Picón son[1][2]:

  • rego do Burgo ou de Puntillón, a uns 730 metros ao oeste do Picón cara ao Pedrouzo
  • Corvite, a uns 520 metros ao leste, en dirección a Astrar
  • Casa da Rúa, que é unha construción dun andar apenas a 150 metros ao sueste do pazo, con tellado a dúas augas, de paredes de cachotaría, mais con bos perpiaños nas esquinas, arredor de fiestras e porta de medio punto
  • A Zanca, na cota de 300 metros, a uns 200 metros ao sueste do Picón
  • Os Barreiros, na cota dos 350 metros, a uns 400 metros tamén ao sueste
  • Picón de Minas, nas estribacións do monte de Minas, a un quilómetro ao sueste do Picón
  • monte de Minas, que ten unha altura de 451 metros e conta cun vértice xeodésico así como o denominado Miradoiro do Picón, a 1.460 metros aos sueste do Picón. Algo máis ao sur, nas estribacións do suroeste deste monte e xa no concello de Touro, entre lugares de A Silva, Os Torreis de Abaixo e Os Torreis de Arriba, atópase un terreo pertencente ás minas de cobre de Río Tinto da que se extraen áridos

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arca[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña)

Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa

Parroquias do Pino[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  2. Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-IV (10-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.