Aethelflaed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Æthelflæd")
Aethelflaed

Aethelflaed de Wessex (Æthelflæd), nada en 869 e finada o 12 de xuño de 918, foi a filla maior de Alfredo o Grande e da súa esposa Aethelswitha. Casou con Aethelred II de Mercia, a cuxa morte, gobernou o reino. A Crónica anglosaxoa denomínaa Señora dos mercios.

Mercia e os viquingos[editar | editar a fonte]

Os viquingos daneses invadiron a maioría dos reinos ingleses durante o século IX. Alfredo o Grande e os seus descendentes reconquistaron os territorios para Wessex a finais do século e comezos do século X.

Como recoñecemento á axuda de Mercia, Alfredo preferiu desposar á súa filla Aethelflaed con Aethelred II, no canto de exercer un dominio directo cunha conquista. Co matrimonio, Aethelred II recibiu o título de ealdorman ou conde de Mercia, ademais dunha certa autonomía.

Dado que o oeste de Mercia nunca estivo baixo control dos daneses, tratábase dunha medida prudente que deu os seus froitos.

Goberno de Mercia[editar | editar a fonte]

Á morte do seu marido, Aethelflaed gobernou desde 911 até 918, ano en que morreu, construíndo fortificacións e emprendendo expedicións militares. Foi enterrada na igrexa de san Pedro (agora, convento de san Oswald), de Gloucester, cidade que reconstruíra a partir das ruínas romanas.

A herdeira foi a súa filla Aelfwynn, pero debido á correlación de forzas, viuse obrigada a someterse ao seu irmán, o rei Eduardo o Vello de Wessex, cuxos sucesores completaron a unión de Mercia a Wessex, o que resultou ser o principio da Inglaterra unificada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]