Dolmen de Axeitos
Coordenadas: 42°36′00″N 09°01′03″O / 42.60000, -9.01750
O dolmen de Axeitos é un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos. Sitúase na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira. Está datado no IV milenio a. C.
Descrición[editar | editar a fonte]
De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos.
Ata o momento, non se teñen noticias de ningún achado no seu recinto pero suponse que a ausencia de enxovais funerarios é consecuencia das espoliacións ás que foron e seguen sometidas os monumentos megalíticos.[1] Ata hai algúns anos[cando?], a 50 metros do dolmen levantábase unha rocha de 3 x 4 metros que presentaba gravadas en dúas das súas caras as figuras de tres cabras, dúas delas en actitude de marcha e a outra expectante. A maior destas figuras medía 1 metro e 5 centímetros de lonxitude por 80 centímetros de altura. Na actualidade a rocha está destruída.[1]
É propiedade da Deputación da Coruña.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 García Martínez, Manuel Carlos; et al. (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. El Progreso de Lugo. p. 154. ISBN 84-87804-06-3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolmen de Axeitos ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.