Xeografía de Marte
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa topográfico de Marte realizado pola sonda espacial Mars Global Surveyor. Cortesía do Centro de Voo Espacial Goddard da NASA.
A xeografía de Marte é notabelmente irregular: combínanse grandes canóns, longas cordilleiras e altos volcáns (o monte Olimpo, un dos volcáns marcianos, é o volcán máis alto dos coñecidos) con extensas chairas; e con outros accidentes xeográficos que rara vez se atopan na Terra, coma cráteres provocados por meteoritos.
A superficie de Marte divídese en dúas rexións principais:
- Terras altas, que se atopan no hemisferio sur. As terras altas teñen moitos cráteres. Son a rexión máis antiga de Marte. É a rexión máis vella da superficie de Marte.
- Terras baixas, que abarcan a Cordilleira Tharsis, que é onde se atopan a maioría dos maiores volcáns de Marte. Xunto á cordilleira Tharsis atópase o Valles Marineris, un longo canón de Marte. É a rexión máis nova de Marte.