Valles Marineris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe dos Valles Marineris tirada polo Viking 1 en 1980

Os Valles Marineris é un sistema de enormes canóns ó leste da rexión de Tharsis ó longo do ecuador de Marte. O sistema comeza no oeste cos Noctis Labyrinthus e remata no leste coa Chryse Planitia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O sistema esténdese ó longo de 4.500 quilómetros, ten 200 quilómetros de ancho e 7 de profundidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Descubriuse grazas á sonda Mariner 9 en 1971-1972 que lle deu o nome.