Elysium Planitia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elysium Planitia
Terreos fracturados no sur de Elysium Planitia.
Tipo de accidente xeolóxico Planitia
Rexión de Marte
Anchura 3.000,79 km[1]
Coordenadas 2,98° N 154,74° E[1]
Procedencia do nome nome dun antigo accidente xeolóxico de Marte.[1]

Elysium Planitia é a segunda maior rexión volcánica de Marte, despois dos Tharsis Montes. Está situada ó sur de Acidalia Planitia e Utopia Planitia, e ó norte de Terra Cimmeria, nas coordenadas 2,98° N 154,74° E[1]. No norte da rexión hai varios grandes volcáns, de norte a sur, Hecates Tholus, Elysium Mons e Albor Tholus. Outro gran volcán está situado no sur da rexión, o Apollinaris Mons,[2] que está na fronteira coa Terra Cimmeria. A parte de grandes volcáns, a Elysium Planitia ten moitas áreas con grandes e longas fendas, fisuras e fracturas, chamadas fossa ou fossae (plural) en Marte. Podemos citar ás Cerberus Fossae, Elysium Fossae, e Hephaestus Fossae.

Volcáns da Elysium Planitia[editar | editar a fonte]

As fendas e fracturas (Fossae) de Elysium Planitia[editar | editar a fonte]

Terreos con fisuras e posibles lagos xeados[editar | editar a fonte]

No sur de Elysium Planitia pódense ver grandes extensións de terreo fracturado. As placas poden chegar a ter 7 km de diámetro e semellan un chan embaldosado, coma se fose un puzzle. Existen varias hipóteses sobre a formación é composición destes terreos da cunca de Elysium, algúns investigadores afirman que estas planicies estarían compostas por terreos de lavas de baixa viscosidade, mentres outros investigadores afirman que a súa orixe seria fluvial, restos de terreos drenados con altas concentracións de minerais ou lama viscosa. As planicies exhiben unha escachada e agretada superficie que algúns investigadores atribúen á fracturación de chans de lava e fallas de presión. Pero, os terreos de lama seca tamén amosan este tipo de superficie. A ausencia de cráteres que contrasta coa superficie moi craterizada que linda ó sur destes terreos, o que indica que o material destas planicies é relativamente novo.[3]

Nunha foto feita no 2005 pola Mars Express en Elysium Planitia, en concreto sobre a zona de Cerberus Palus, amosase o que podería ser unha gran zona cuberta de xeo de auga cincento. O volume de xeo está estimado que cobre unha área de 800 por 900 quilómetros cadrados, cunha profundidade duns 45 metros, dimensións e profundidade semellante á do Mar do Norte.[4] Pensase que estes xeos son os restos da auga e regueiros de lava procedentes da Cerberus Fossae e que teñen entre 2 a 10 millóns de anos de antigüidade. A superficie está fendida e escachada, coma se esas placas flotasen sobre un lago. Un cráter de impacto indica que as placas son 1 millón de anos máis vellas có material das fendas, o que tamén indica que a área solidificouse moito máis lentamente do que o faría se estivese composta por lava basáltica.[5] Ambas zonas, poderían ter un mecanismo común de formación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Planitia, planitiae: Elysium Planitia on Mars". Consultado o 23-03-2012. 
  2. "MC-23 Aeolis" (PDF). Consultado o 23-03-2012. 
  3. "Enigmatic Terrain of Elysium Planitia". Consultado o 23-03-2012. 
  4. Young, Kelly (2005-02-25). "'Pack ice' suggests frozen sea on Mars". New Scientist. Consultado o 23-03-2012. 
  5. John B. Murray; JB Muller; JP Neukum; G. Werner; SC Van Gasselt; S. Hauber; E. Markiewicz; WJ Head Jw 3rd; BH Foing;; et al. (17-03-2007). "Evidence ... for a frozen sea close to Mars' equator". Nature 434 (7031): 352–355. Bibcode:2005Natur.434..352M. PMID 15772653. doi:10.1038/nature03379. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]