Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Ola, só quería dicir que o enlace dentro de Matemáticas e ciencias pon Matemática e sería mellor que fora Matemáticas ~~Agora o amaño Agremon


Ola, non sei quenes son os administradores, pero me gustaria ser un deles, pretendo axudar a traducir o que queda ao galego e facer e completar moitas entradas. Por favor, dicideme que teño que facer, ou con quen teño que falar pra ser administrador. --IaRRoVaWo 22:44, 4 Apr 2004 (UTC)


Estou procurando un xeito de poñer a portada para que sexa máis doado meterse na enciclopedia. acéptanse ideas Agremon



deaseo cntactar al administrador por que deseo sugerirle algo haber si me puede ayudar. att  : Samersoc

Ligazón de estatística[editar a fonte]

A ligazón de estatística está mal. Falo do apartado "Ciencia e tecnoloxía", a ligazón de "Estatística" é http://gl.wikipedia.org/w/wiki.phtml?title=Estat%C3%ADstica&action=edit e debería ser http://gl.wikipedia.org/wiki/Estatística

crítica[editar a fonte]

Estiven lendo os comentarios publicados pola xente e as respostas do administrador, e a verdade é que quedei abraiado, sobre todo polo pequeno comentario acerca de "non meterse en normativas" e que "o que queira outras normas que faga a súa páxina"...e a verdade é que alucino, pero só por un par de cuestións que creo que son básicas:

1º-se queres facer unha páxina en galego, o primeiro que deberías facer é escribir en galego CORRECTO, e non metendo castelanismos e invencións por toda a páxina. 2º-dame igual que sigas as normas de 1989 ou as novas aprobadas en 2003, pero, por favor, segue unha norma e non escribas sin saber o que pos. 3º-se tes dificultades co galego, reclama a axuda dun filólogo, que para iso están. 4º-estarei encantado en axudar en todo o que poida, e movilizarei á xente que poida para establecer un rigor nas entradas, porque unha norma básica de calquera enciclopedia é que os nomes das persoas se meten polo primeiro apelido, a non ser os portugueses, e dígocho con varias publicacións de experiencia e moita lectura de enciclopedias.

estarei encantado de axudar nos vindeiros días, pero creo que o máis básico que podería facer o administrador sería asesorarse por un filólogo. As eivas son tremendas.

Un saúdo.

Os Portugueses apoiam a Wikipedia em Galego[editar a fonte]

Eu sou português e tenho colaborado na Wikipedia em Inglês e em Português. Estou a escrever estas palavras apenas para expressar todo o meu apoio e admiração pela Cultura e pelo Povo da Galiza. De todos os povos da Península Ibérica, é pelos Galegos que os Portugueses sentem uma maior afinidade natural e simpatia. Votos de um bom trabalho e muito sucesso.

vexamos esa crítica[editar a fonte]

Está moi ven esas eivas, si señor, moi ven

Evidentemente no te paraches a cavilar un pouco no tema. Se se fala dunha normativa, é moi lóxico; hai moita xente que mais que axudar dedicase a copiar "tal cual" o artigo, xa seña da prensa, enciclopedia, etc... . E isto ven dado a que moita xente ten problemas para interpretarse; para si mesmo, enténdeno ben, ¿i os demáis?. Está ben que nos recordes que debemos falar e escribi-lo galego máis correcto (a meu entender, que se poida). Pero máis esta ben que nos axudes.

Dis que polas dudas do galego se devería consultar a un filólogo, poucos hai que queiran colaborar de balde nesta tarefa (seica a maioría pensa no "peso"). Cando colabores, se despois desto queres colaborar, as de ver algunhas advertencias máis. Penso que no fará falta que nos las frotes pola cara de novo, sobor de todo a de CopyRight ou dereitos de autor. En certa medida tod@s publicación (prensa, libros, enciclopedias, etc...) teñen estos dereitos; pero boa a teñen os estudantes para copia-las biografias ou calquer artigo para os seus traballos; e haberá quen no reseñe e haberá quen non. Pero de unha cousa hai de certo, é que calquer traballo ten CopyRight, xa pode ser un libro, xa poder ser un resumo dun parágrafo. E esta mesma misiva vai polo da fotos.

Se despois desto. Queres colaborar nesta empresa; BENVIDO. Se coñeces a xente que queira colaborar xa que o coñecemento no debe de ter fronteiras (a lo menos as da ganancia monetaria); BENVIDOS. Sexan escritores, filólogos, profesores, médicos, [...], xente nova con ganas de colaborar; BENVIDOS TODOS.


user:sdocio Eu son lingüista (ou 'filólogo' se o prefires, aínda que non significan o mesmo) e non penso no "peso". Con todo, a responsabilidade de usar a lingua con corrección é de todos nós, con independencia da profesión (igual que non só os mecánicos se deben preocupar polo mantenemento do seu coche particular). A respeito das normativas... me parece unha discusión tan estéril que non penso entrar nela. Sobre o do copyright tes razón, pero hai que ter en conta que algúns traballos, malia teren copyright, inclúen licencias que permiten a súa reproducción e copia. Por exemplo as licencias Creative Commons ou a FDL. Eu normalmente pido permiso antes de incluir algún material gráfico (aínda que rara vez recibo resposta) ou simplemente me limito a sacar eu mesma as fotiños. :)

Problema con algunhas wikiwords[editar a fonte]

Só quero comentar que estou a ter problemas con algunhas palabras wiki, concretamente nos casos en que quero estabelecer unha ligazón cun artigo desde unha palabra que non corresponde exactamente co destino da ligazón. Sei que pode escribirse, por exemplo, [[dato|datos]], pero noutras wikipedias como a de inglés ou a de castelán (e supoño que en tódalas demais) pódese escribir directamente [[dato]]s e o wiki crea unha ligazón desde a palabra enteira datos (incluindo o 's') ó artigo 'dato'.


user:Agremon ...Pois non sei que responder, pero o sistema é o mesmo na galipedia que nas outras wikipedias.

Sumario de anuncios antiguos[editar a fonte]

Aquí están os títulos dos temas tratados con anterioridade:

Sobre nova Portada[editar a fonte]

Estaría ben que puideramos pasar a Páxina Experimental á nova Portada, na discusión sobre o tema Talk:Páxina_Experimental había acordo sobre que se fixera. Hai un par de cousas que creo que convén considerar antes de facelo:

1. Hai un apartado que se chama Efemérides. Ao principio non me decatei pero implica estar traballando no cambio de efemérides e coido que sería moito traballo e non estarían nunca actualizadas. Propoño cambialo de momento por un apartado chamado Artigos solicitados. Poño aquí abaixo un exemplo do contido:

Artigos solicitados

Podes colaborar escribindo nos seguintes artigos:


Dese xeito non hai que estar actualizando tan a miúdo e por outra banda e posible conseguir a colaboración dos usuarios en certos temas sinalados.

2. O segundo punto é a páxina de discusión, agora 'Central de discusión' na Páxina Experimental 'A taberna', propoño que acordemos un título definitivo e que todas as páxinas de discusión común que teñan distintos nomes se agrupen co nome que se elixa engandido antigua 1, 2,...

3. Un terceiro punto que non creo que impida publicar a páxina e que hai moitas ligazóns en vermello, que apuntan a páxinas que están por facer pero que son necesarias.

Creo que canto antes podamos acordar estes puntos ou os que se vos ocorran, antes podemos publicar a nova portada. Saúdos. --Prevert 18:00, 11 Nov 2004 (UTC)


Efemérides non é o mesmo que artigos solicitados; coido que é posible poñelo para ir aumentando a colaboración nese punto concreto pouco a pouco. Agora mesmo hai a sección 'novas' que o mesmo recolleu varios días seguidos algunha que pasa meses sen renovarse: o caso é que está presente por se se quere usar. De calquera xeito o de artigos solicitados é necesario.

No punto 2, estou de acordo. Pode unificarse baixo ese título.

As páxinas en vermello deben ser un indicador e un alicerce; non pasa nada porque esteñan nesa cor (mellor sería que non estiveran...)

Coido que un día, poñamos o día 20 de novembro, tras revisar o discutido aquí, pode pasar a ser definitiva. Entendo que a non ser opinións en contra, pode ser unha data tan boa como outra. Prevert, podes encargarte da derradeira revisión de ligazóns e posta en portada?--Agremon 10:12, 12 Nov 2004 (UTC)


A voltas coa nova Portada[editar a fonte]

Tes razón que "Efemérides non é o mesmo que artigos solicitados". O que pretendía dicir é, que na miña opinión, poñer un contido na Portada que trata do que sucede no día e ter efemérides antiguas transmite unha impresión de descuido que debemos evitar. Cando as efemérides do ano esten completas (366 días do ano) pode buscarse algún sistema que con pouco traballo extraiga os datos desas páxinas.

Sobre A Taberna. As páxinas de discusión e novas que temos agora son as seguintes: Novas, Noticias sobre a Wikipedia, Actualidade, Portal da Comunidade e esta mesma Central de discusión. Durante outubro as páxinas citadas tiveron as seguintes visitas (algunhas delas por suposto nosas):


Visitas Outubro
Novas: 62
Noticias sobre a Wikipedia: 3
Portal da Comunidade: 91
Actualidade: 58
Central de discusión: 19

Algunhas consideracións: a páxina Noticias sobre a Wikipedia apenas foi vista por ninguén excepto nós. A páxina Actualidade ten un contido escaso e sen datos. Por exemplo: nas Wikipedias inglesa e portuguesa (Wikipedia:Community Portal, Wikipedia:Portal comunitário) o portal da comunidade apunta a páxinas nas que explican en que consiste o wiki e reflicten tarefas a realizar, na Wikipedia española apunta á Páxina de discusión da comunidade Wikipedia:Café. A páxina Actualidade (cos nomes: Current events, Eventos atuais, Actualidad) apuntan a páxinas de noticias actualizadas. Resumindo: o noso Portal da Comunidade e a Central de discusión serían versións da próxima A Taberna. As nosas páxinas Novas e Noticias sobre a Wikipedia son moi parecidas habería que fusionalas. A Páxina Actualidade non estamos en condicións (polo traballo que supón, alomenos por agora) de actualizala como se necesitaría. (Para solucionalo estiven facendo probas para poder utilizar as novas doutras wikipedias, e polos resultados e máis pola documentación semella que non é posible).

O mellor e convertir a páxina Actualidade nun lugar onde aparezan as novas desta Wikipedia fusionando as páxinas Novas e Noticias sobre a Wikipedia. En canto ao Portal da Comunidade facelo semellante ao inglés e portugués. A Central de discusión e o contido do actual Portal da Comunidade serían A Taberna e A Taberna antigua poñendo a data na que se pechou esa versión.

Estou de acordo en que se poña como data indicativa para a nova portada o 20 de novembro e si podo encargarme de revisar as ligazóns (de feito xa estou nelo). Saúdos. --Prevert 21:28, 12 Nov 2004 (UTC)

(P.D.: Nas estatísticas de visitas de outubro hai cousas moi curiosas (sen contar as páxinas de búsqueda, edición, portada, etc.): a páxina máis vista é Elemento quimico -192- seguida de Colombia, Bambuco, Kurt Cobain e Uruguai moi lexos quedan Galiza e Galicia que suman 50, Galicia -20- tantas como a da páxina de Agremon. Estas cuestións supoño que poden dar lugar algún tipo de reflexión. Outra vez saúdos. --Prevert 21:28, 12 Nov 2004 (UTC))

Datos interesantes extraídos das estatísticas[editar a fonte]

De onde proceden os usuarios que non entran directamente na Galipedia:

Saúdos. --Prevert 23:41, 12 Nov 2004 (UTC)

A Taberna[editar a fonte]

Todo o ai que decilo, ten razón Prevert. Se os españois teñen un Café; ¿que mal ai en que os galegos teñamos "A Taberna"?. De seguro que non haberá que pase sen comentar que os portugueses montaron un "Meson" ou Mesao, os ingleses un "Restaurant" e os vascos unha "Tasca". Certo e que se necesita un lugar donde poder discutir a gusto e amigablemente, sen pelexas. Respecto as efemérides, non era mal ter algunhas. Diso polo de agora estoume ocupando eu; certo é que é un traballo laborioso, pero ai que cumprir con el. E non podo dicir cando acabarei por sería dar un pao de cego. Tan só decir que as efemérides que estou a poñer teñen cousas das efemérides dos españois, o resto é recaudación dunhas cuantas enciclopedias caseiras e por internet. Posteriormente tentarei pasar polas efemérides doutros idiomas para resumir parámetros que falten na nosa. Saúdos. --xelo2004

  • Espero que poidamos trasladarnos á Taberna axiña, estou revisando a nova portada e mirando todas as ligazóns e calquer día xa veredes que estamos no novo local. Pasando ao das efemérides a mín gústame como o estás facendo e os datos que aparecen (comentabas arriba se serían demasiados, eu véxoo ben así), na portada nova estaría ben que se amosasen pero o problema que vexo é que entón habería que traballar nos días de finais de novembro e decembro senón as efemérides da portada estarían caducadas e non tería moito sentido que fora o 23 de novembro e se virán as do 15 de agosto. Se puiderás adiantarte teríamolo solucionado. Que che parece?
Outra cousa que opinas do termo que debemos usar para as páxinas de desambiguación?: Deixalo así, utilizar aclaración, usar discriminación,..., ou algún outro que se che ocurra. Saúdos. --Prevert 20:16, 14 Nov 2004 (UTC)
  • Quixera poder dicir e, de paso dala sorpresa, de decirche que podería facer unhas efemérides actualizadas, pero desgraciadamente non podo facelo, dispoño de moi pouco tempo para iste recurso e polo tanto estou suxeito a un ritmo lento -pero seguro- coida que xa ai mais xente niste proxecto (adianto de anteman a miñas expresivas gracias) e todo o que se poida facer, por pouco que sexa, e bo. Pero todo se andará. Tan só decirche que cando se poña a nova páxina a funcionar -de momento non engadilas, pero deixar unha pequena reseña por se a xente quere consultar o que ate aquel momento estea feito.
    • Respecto o termo "desambiguación" nonme consta a min que estea recoñecido por algunha academia de lingua -non obstante podo esta enganado-. Eu suxiro a expresión "Vease Tamén" ou cando no mesmo artigo se fala de varias cousas que son homónimas entre sí (mesma palabra pero distinto significado) engadirialle unha numeracion que se fixese reflexar nun indice xunto, por asi decilo cun "alias o apelido".

Saúdos. --xelo2004

  • Non pretendía facer que traballases máis, só era unha idea para saber se era posible. Saúdos. --Prevert 22:10, 14 Nov 2004 (UTC)

Por partes: Desambiguación, non. Distinción, por exemplo, poderia valer. Pero inclínome máis ben por non poñer tal, senón ir no mesmo sentido que Xelo, con 'distinguir entre' ou algo parello, pois o que queremos indicar é que hai varias opcións e dar unha información preliminar de cada unha.

'Taberna' paréceme ben, pero creo que habería que seguir mantendo o sitio 'central de discusión': Vemos que os temas multiplícnase en cant6idade e profundidade, e a Taberna sería algo así como a discusión xeral e a central, o resume. De feito, esta páxina hai que partila: xa presenta un aviso de que é demasiado longa.

A páxina 'novas' era para noticias do mundo, non da galipedia, pero esto foise complicando. Pode que unha solución fora o ter unha sección de noticias xeral, co título de actualidade ou novas, por exemplo, e de alí manter sempre na parte superior unha ligazón a 'actualidade da galipedia'--Agremon 07:48, 16 Nov 2004 (UTC)

Asunto Persoal[editar a fonte]

compañeir@s, por motivos personais vou estas fora un certo tempo, pero, sempre que poida estaremos en contacto. No sei o que vou tardar, espero sexa pouco. saudos --Xelo2004 15:03, 17 Nov 2004 (UTC)xelo2004

Espero sepais desculpar pola tardanza (que ainda vai ser dunhos dias). Andaba a arranxa-lo monitor do meu trevello e para colmo de males vinme sorprendido por un infarto de miocardio do cal estou a ser atendido no hospital Xoan Canalexo da Coruña -na procura dun cateterismo- e a sua posterior resolucion.

  • PD ista nota es transcrita por unha das enfermeiras da planta oitava a peticion do pacente con apodo --Xelo2004 22:31, 10 Dec 2004 (UTC)xelo2004


Resultaba estrano non 'verte' traballando nas efemérides durante tantos días, pero non podía imaxinar que fora por problemas de saúde. Sintoo moito e confio en que te recuperes axiña. Estar nun hospital case nunca e moi agradable, alo menos conta coa simpatía e bos desexos dos teus compañeiros da Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert 23:20, 10 Dec 2004 (UTC)

Benvido, Xelo. Cúidate a ti (e ó monitor :) ) ... E se tes algún método para que os demáis poidamos previr algo como o que te pasou, xa sabes, comparte coñecementos.--Agremon 15:34, 23 Dec 2004 (UTC)

Estamos na volta[editar a fonte]

Compañeiros, xa estou de novo por aqui. Ainda ides nota-la miña falta por pouco mais pero os temas do corazon ai que tomalos despacio e sobor de todo, en serio xa que vida non ai mas que unha. A miñas expresivas gracias por aqueles que me deron alento e bos desexos agardando a miña volta. Tamen gracias a quen tivo a simpatia de dar a coñece-lo meu estado cando estiven ingresado no Xoan Canalexo da Coruña. Polo de agora tentarei colaborar pouco a pouco, xa que o monitor (que tiña cavilado arranxar cando me vin sorprendido polo incidente -se se pode chamar asi-) segue de momento sen esta-lo, e elo conleva a un bon dor de cabeza xa que teño que esforza-la vista; mesmo sequera no sei se o que estou a poñer ten érros ou non. A unica sensacion que che da e a de estar mirando cara unha televisión a que lle puxeron un plastico por diante e os detalles miudos no se aperciben ben. eso saudos e gracias por lo voso apoio. --Xelo2004 22:36, 22 Dec 2004 (UTC)xelo2004

  • Estupenda nova terte outra vez connosco, espero que te recuperes axiña e aínda que non podas seguir colaborando como antes, serás igual de apreciado. Que pases boas festas e que a túa saúde mellore. Unha aperta. --[[User:Prevert|Prevert (talk)]] 22:45, 22 Dec 2004 (UTC)

Actos Vandálicos[editar a fonte]

Reproduzco aquí un epígrafe da páxina de Forza4 por creelo de interese xeral

Na edición en inglés, teñen algúns artigos "Protexidos" que só pode cambiar a administración de wikipedia coas suxerencias emitidas na discusión, pq hai xente que se dedica a desfigura-los artigos, ou poñer información falsa ou errónea, aínda que din que, en canto poidan, lles quitan a protección. ¿non teriamos que ter coidado con iso nos tamén (por se acaso)?

  • Polo momento que eu saiba aquí non houbo os problemas de vandalismo que hai en outros lugares que teñen moitos visitantes e usuarios. Supoño que é cuestión de falalo en canto suceda, agora en canto se detecta unha edición dese tipo revírtese a páxina a unha edición anterior ou borrase. Saúdos. --Prevert 15:13, 18 Nov 2004 (UTC)
  • A Portada está xa protexida. O resto, o que di Prevert. Gracias a Deus, excepto cousas puntuais, non a sufrimos. Houbo fai meses unha invasión por un bot (común a toda a wikipedia), que foi a que orixinou o privilexio de sysop a varios extranxeiros, e que se rematou solucionando con outro 'bot'. Estivo a tamén protexida a páxina Galicia un tempo, pero non o está dende fai varios meses.--Agremon 17:34, 18 Nov 2004 (UTC)

Fixen unha anulación de cambios de 211.148.208.203. Atención a esa IP.--Agremon 07:32, 23 Nov 2004 (UTC)

Estou a ter problemas no artigo de Colombia co usuario de ip 200.93.150.155 (parece que Agremon xa o comprobou e marcou o artigo como "con problemas". Deixou unha opinión na miña páxina de discusión de moi mal gusto. Alí poderedes ver tamén a miña resposta. Solicito unha solución o antes posible. Moitas Gracias.

Atención á IP 170.66.1.123. Remato de revertir un cambio seu: un párrafo de Calendario Gregoriano pasado ó portugués. Era unha cousa pequena.--Agremon 19:21, 23 Dec 2004 (UTC)

commons.wikimedia.org[editar a fonte]

Con frecuencia necesitamos poñer imaxes nunha páxina e temos dificultades para conseguilas por cuestións do copyright (porque non sabemos se é do dominio público ou non, ou cal é o status do copyright,...). Agora a Fundación Wikimedia puxo outro proxecto en marcha que permite obter imaxes, chámase Wikimedia Commons. Para que unha imaxe obtida de Wikimedia Commons se amose na páxina non fai falla subila a este wiki, basta con escribir o código para inserir imaxes no propio wiki [[Image:Exemplo.jpg|thumb|right|Esta é unha imaxe]] -cos seus parámetros correspondentes-. As imaxes están clasificadas o mesmo que en calquera dos outros proxectos relacionados coa Wikipedia. Saúdos. --Prevert 01:17, 21 Nov 2004 (UTC)

Comentarios[editar a fonte]

Son novo nisto, pero acabo de ler as normas, entre outras cousas dise que non se debe haber publicidade e que non se debe borrar unha entrada sen comentalo aquí. A entrada Amigus é claramente publicitar unha asociación informática local(ademais está mal colocada no índice alfabético) polo que rebaixa a categoría do que pretende ser isto, opino que debería ser borrada. A entrada Administrador de base de datos está repetida en Administrador De Base De Datos, está última debería ser borrada tamén(non ten sentido ningún) AUSLAE(Asociación de Usuarios de Software Libre da Estrada, non leva a ningures e non aporta nada, a non ser que se pretenda facerlle publicidade A entrada ano novo:ano santo o único que fai é publicitar a web do xacobeo sen facilitar información ningunha e tamén debería ser borrada En canto ao orde alfabético, podo poñer os topónimos no seu lugar correcto? (no nome, non no artigo ) e as biografías no apelido (non no nome, agás casos concretos) ou hai que ser administrador para o facer. Penso que non importa tanto o número de entradas como a súa calidade, se queremos que sexa un proxecto útil. Moitas grazas pola vosa atención.

sinatura

Síntoo, o anterior artigo asínao rocastelo, pensei que a sinatura aparecía soa


  • Non quixera que se produzan malos entendidos sobre o cambio de A Pontenova ao seu enderezo orixinal. Non hai usuarios con máis privilexios que outros, o que ocorre é que función dos administradores correxir todos os posibles erros que se aprecien. Verás que continuamente ocorre. Tamén verás que en Política e normas non aparecen moitas políticas e normas de uso común nas Wikipedias, non damos feito e pouco a pouco irán aparecendo. Tes razón no que dís sobre esas páxinas e na corrección diso estamos, nas últimas semanas fixemos moitos arranxos, non obstante quedan moitísimas cousas por correxir. É posible que os índices alfabéticos non estean ben e se traballas neles será unha labor moi apreciada pola comunidade. Sobre o caso concreto do concello de A Pontenova dicirche que tal como está agora aparece no P e non hai que mover a páxina basta con escribir isto [[A Pontenova|Pontenova, A]]. Tamén verás que na Categoría:Vilas galegas está ben clasificada. Para asinar pon catro tiles ~~~~ podes copiar as que acabo de escribir senon consigues facelo doutro xeito, se estás rexistrado no momento en que escribas aparece a sinatura cando publiques a mensaxe. Para calquera aclaración ou dúbida que te surxa, podes deixarme unha mensaxe na miña páxina de discusión ou aquí mesmo, e tentarei de contestarche en canto poida. Un cordial saúdo. --Prevert 21:53, 11 Dec 2004 (UTC)

Aviso sobre as imaxes[editar a fonte]

É moi importante que se indique a orixe das imaxes, para que cando comecemos coa revisión de todas as imaxes cargadas na Galipedia non teñamos que borralas, por descoñecer se teñen copyright ou non. Ata agora é un aspecto que non revisamos, pero nas próximas semanas cando empecen a publicarse as páxinas con información sobre o copyright, faremos unha revisión exhaustiva. Tede en conta tamén que non se deben publicar imaxes formato GIF por cuestións de patentes (son preferibles os formatos PNG ou JPG). Como noutras moitas cousas na Wikipedia inglesa teñen moi traballado o tema e poden verse exemplos da información a incluir do copyright das imaxes -en inglés-. En Wikimedia Commons tamén hai boa exemplos: Nesta fotografía de Oslo apréciase o uso de marcadores (tags) para indicar o status da imaxe. Moitas gracias. Un cordial saúdo. --Prevert 21:44, 13 Dec 2004 (UTC)


  • Estou completamente de acordo. Estiven botando unha ollada ás imaxes e fixeime que na maioría póñense cousas do estilo (collido da en:wiki) e, na miña opinión, iso é coma non dicir nada. --Alyssalover 22:58, 13 Dec 2004 (UTC)

Bo Nadal[editar a fonte]

Dentro dun anaco marcho de vacacións e ata o 9 de xaneiro non poderei pasarme por eiquí así que deséxovos un bo nadal a todos ;-) --Alyssalover 14:47, 17 Dec 2004 (UTC)

  • Vaia, vaise acumular o traballo. Que pases unhas boas vacacións e descansa porque despois imoste necesitar ;-) Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 15:13, 17 Dec 2004 (UTC)

Espero que desta vaia ben a cousa e me incorpore de vez por unha boa tempada. Estou moi despistado despois duns días sen visitar asiduamente a galipedia; ireime poñendo a tono. Mentras, bó Nadal, Ano Novo e que os Reis traian moitos artigos máis (a parte das felicidades para os que estades a facer que esto sexa unha Enciclopedia de referencia).--Agremon 16:59, 21 Dec 2004 (UTC)

  • É unha sorte terte outra vez conosco Agremon, como ves as cousas foron rápido desde a túa marcha temporal, daquela tiñamos pouco máis de 2000 artigos e agora estamos preto dos 3000. Neste momento, mentres a base de datos sexa manexable, deberíamos comezar un proceso de revisión polo miúdo de todos os artigos, para eliminar erros e para conseguir unha enciclopedia fidedigna e fiable. Saúdos. --Prevert (talk) 19:36, 21 Dec 2004 (UTC)


  • Xa estou de volta ;-) agardo que as vosas vacacións fosen mellor que as miñas dado que estas foron un desastre (pasei unha semana enfermo). A ver se podo porme canto antes a traballar novamente nos artigos dos paises e nesa traducción sobre o alfabeto árabe que deixei a medias.

PD- Agremon alédame verte por eiquí de novo.

--Alyssalover 00:39, 10 Xan 2005 (UTC)

  • Benvido de volta, toma asiento e ambientate no pouco que ai feito, de entrada xa che anticipo que votes unha ollada o que tiñas feito das tuas efemerides e haber que che parece o cambio. un saudo--Xelo2004 15:27, 10 Xan 2005 (UTC)

Wikisource en Galego[editar a fonte]

Como sabedes Wikisource é un repositorio para textos orixianis, que deben estar alí e non na Wikipedia. Acabo de comezar a páxina de inicio do Wikisource en galego. Neste proxecto da Fundación Wikimedia, polo momento non hai subdominios (está sendo obxecto de debate e a postura maíoritaria é que non se aproben) e cada lingua ten unha zona de públicación. Saúdos. --Prevert(talk) 20:00, 26 Dec 2004 (UTC)

Deixo a páxina polo momento para que siga traballando outro. Ver Talk:Galiza. --Agremon 17:23, 27 Dec 2004 (UTC)

3000 artigos[editar a fonte]

Noraboa por acardes os 3000 artigos. Seguide así que ides moi ben!.--Aricum 10:50, 30 Dec 2004 (UTC)

Logo Galizionario[editar a fonte]

Ola, acabo de decatarme de que a Galipedia ten un logo (esquina superior esquerda) distinto ao estándar. Eu tamén fixen un para o Galizionario, mais non sei como facer que apareza no lugar correspondente. Alguén pode botarme unha axuda? Un saúdo.--Aricum 15:24, 30 Dec 2004 (UTC)

  • Buscando na wikimedia atopei isto, non sei se te servirá:
Requests for logos