Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Logo temático da Wikipedia[editar a fonte]

¿Algunha vez se propuxo nesta ou noutra Wikipedia modificar o logo por outras razóns que non sexa acadar certo número de artigos? Por exemplo, facer un logo da Galipedia para o Nadal, outro para o Samaín, outro para o Día das Letras Galegas... algo polo estilo. Nunca o vin en ningunha Wikipedia, pero penso que estaría ben. Propúxose algunha vez? --GallaecioE logo? 17:25, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Hab_info[editar a fonte]

Nos artigos dos concellos temos un modelo "Hab info" que recolle os datos de poboación de 1900, 1930, 1950, 1981 e 2004. Antes vén a cifra dos habitantes en 2005 (nos exemplos que acabo de mirar) como último censo. A estas alturas, acabado de publica-lo censo a 1 de xaneiro de 2007, cómpre actualizar estes datos. Podo facelo eu, ós poucos, pero antes propoño cambia-lo modelo para recolle-los datos de 1900, 1950 (fóra 1930), 1981 (¿por que ese ano tan raro e non 1980? Claro que a ver agora quen busca os datos de 1980), 2000 (por ser unha cifra redonda, como as anteriores), 2006 e 2007 (estes dous dan a evolución máis actual. Todo isto implica que ese dato da poboación a último censo que antes ía no texto agora irá no cadro. Espero haberme explicado e espero decisións. Pedro --Lameiro (conversa) 12:35, 4 xaneiro 2008 (UTC)

PD. Cando falo de "cambia-lo modelo" estou querendo dicir que alguén mo terá que cambiar, xa que eu non sabería facelo.
PD2. Non sei se todo isto non será inmiscuírme no proxecto Concellos Galegos no que xa andades a traballar. Non quero meterme onde non me chaman, por suposto.
  • Estou a favor de que se actualicen os datos e se inclúan máis. Dacordo logo. Lansbricae (Ti dirás) 12:48, 4 xaneiro 2008 (UTC).
Os wikproxectos non son exclusivistas de nada e chama atodo o que queira participar. Eu vexoo máis como un punto de encontro para temas determinado. en resumo na Galipedia chámasete en todos os lados. A vontade dos que se inscriben nun wikiproxecto non sustitue á da comunidade, eu só o vexo como un xeito de canalizar esforzos nada máis. Do modelo eu podería tentar facer unha chapuzada pero non creo que sexa o ideal neste caso. Esperaremos a que alguén cualificado acepte o encargo e máis opiniñons se as hai. Lansbricae (Ti dirás) 13:13, 4 xaneiro 2008 (UTC)
  • Non me gusta ese fóra 1930 e o porqué dese fóra. Semella unha cuestión de espazo, de que non caben ben os datos, pero os datos son importantes. Non estou de acordo con iso. Inda que estaría de acordo se se crease (creo que non existe) unha páxina cunha táboa de poboación por concellos do tipo de Lista de comunidades autónomas españolas por poboación, podería chamarse Lista de concellos e poboación dos mesmos. Habería que falar cun bot, para ver se é posible, pero, ó mellor, despois de crear esa táboa, con tódolos datos, é posible que un bot actualice as páxinas dos concellos--Lmbuga Commons - Galipedia 17:39, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • Eu concordo con Lmbuga, eses datos son importantes, supoñen ver a diferenza da poboación antes da guerra civil (1930) e a poboación na posguerra (1950) e penso que deben manterse, non lle vexo problema a engadir o dato de 2007 como o máis recente e paréceme moi boa idea a suxerencia que fai Lmbuga pero coa idea de suprimir eses datos discordo completamente. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 18:11, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Unha mellora para Mediawiki:Noexactmatch. Está collida da española, a ver que vos parece:

Non existe ningún artigo có título que escribiches.

  • Posibles causas:
    • Pode que tecleases mal ou con algún erro ortográfico. Comproba o texto (recorda que maiúsculas e acentos afectan á búsqueda) ou consulta Wikipedia:Procura.
    • Pode que o artigo que buscas teña outro título. Proba a repetir a túa busca empregando o botón "Procura" de máis arriba.
  • Ten en conta que Wikipedia é unha enciclopedia en desenvolvemento que se constrúe pouco a pouco polos seus visitantes. Se o artigo que buscas aínda non existe, podes crealo seguindo esta ligazón, pero ten en conta que si é demasiado curto ou confuso será borrado.

Moi importante: na Wikipedia non se aceptan en ningún caso textos con copyright sen o permiso explícito dos seus autores. En particular, a maioría das páxinas web (indiquen ou non o seu autor ou copyright) teñen copyright, polo que o seu contido é inadmisible aquí. Ten en conta que copiar este tipo de materiais pode causar serios danos ao proxecto. Para máis información, podes ler Wikipedia:Copyrights.

E se alguén a mellora moito mellor :) --Banjo tell me 21:02, 8 xaneiro 2008 (UTC)

  • Xa o cambiei. Púxen o tratamento de "vostede" para ser mais formal. --Banjo tell me 23:12, 16 xaneiro 2008 (UTC)

  • Se me permitides vou facer unhas pequenas correccións:
Non existe ningún artigo co título "$1".

  • Posibles causas:
    • Pode que teclease mal ou con algún erro ortográfico. Comprobe o texto (lembre que maiúsculas e tiles afectan á búsqueda) ou consulta Wikipedia:Procura.
    • Pode que o artigo que busca teña outro título. Probe a repetir a súa busca empregando o botón "Procura" de máis arriba.
  • Teña en conta que Wikipedia é unha enciclopedia en desenvolvemento que se constrúe pouco a pouco polos seus visitantes. Se o artigo que busca aínda non existe, pode crealo seguindo esta ligazón, pero ten en conta que se é demasiado curto ou confuso será borrado.

Moi importante: na Wikipedia non se aceptan en ningún caso textos con copyright sen o permiso explícito dos seus autores. En particular, a maioría das páxinas web (indiquen ou non o seu autor ou copyright) teñen copyright, polo que o seu contido é inadmisible aquí. Teña en conta que copiar este tipo de materiais pode causar serios danos ao proxecto. Para máis información, pode ler Wikipedia:Copyrights.

  • Corrixín o seguinte:
  1. Có -> co (có = ca + o; co = con + o)
  2. Recorde -> lembre (penso que queda mellor..., non se ten que cambiar)
  3. Acentos -> tiles (acento =golpe de voz que se dá na sílaba tónica; til= á, é, í, ó, ú)
  4. "Procura" -> {{MediaWiki:Search}} (non cambia nada, queda o mesmo)
  5. Si -> se (si = afirmación)
  6. E por último acabei de igualar o trato de vostede, pois quedou algún verbo co trato de ti.
Deixei dúas correccións máis no trato de vostede na Conversa MediaWiki:Noexactmatch, foron dous verbos que esquecera cambiar... --Toliño Fala aquí comigo 20:01, 18 xaneiro 2008 (UTC)
  • Correxido, grazas Alberte --Banjo tell me 15:32, 19 xaneiro 2008 (UTC)
    • Ups, vaia ida de olla co da sinatura... Sorry. Grazas Toliño. --Banjo tell me 21:40, 20 xaneiro 2008 (UTC)

  • Aproveito isto para propoñer algunha modificación máis:

MediaWiki:Blockedtext[editar a fonte]

Esta é a mensaxe que lles sae aos usuarios ou Ips que foron bloqueados por un administrador:
Vostede foi bloqueado por un administrador.
Vostede foi bloqueado por un administrador.
O seu nome de usuario ou enderezo IP foi bloqueado
  • O responsábel do seu bloqueo é $1.
  • A razón que deu foi: $2
  • Caducidade do bloqueo: $6
  • Pretendíase bloquear $7
Só pode seguir editando a súa páxina de conversa.
Só pode seguir editando a súa páxina de conversa.
NOTA: Aínda que estea bloqueado pode seguir editando a súa páxina de conversa, onde discutir este bloqueo. Teña en conta que non pode
empregar "Enviar un correo electrónico a este usuario" a non ser que dispoña dun enderezo electrónico válido rexistrado nas súas preferencias de usuario.
O seu enderezo IP é $3 e o ID do bloqueo é $5. Por favor inclúa eses datos nas consultas que faga.

A mín pareceriame ben que a mensaxe poña unha ligazon dicindo onde a persoa pode reclamar, por si lle parece o bloqueo inxusto, e que sexa outro sitio co do responsábel do bloqueo. Pero non sei si na Galipedia eso é posible. Pa mín non é o mismo poder ir conversar na sua propia paxina e facer unha reclamcion a comunidade.ElviraConversa con mi 15:55, 19 xaneiro 2008 (UTC)

  • Non controlo moi ben isto (nunca fun bloqueado) pero polo que parece o usuario ou IP bloqueado non pode máis ca editar a súa páxina de conversa, polo que non pode reclamar en ningún outro sitio. --Toliño Fala aquí comigo 20:14, 20 xaneiro 2008 (UTC)
  • Ata donde eu sei, o que dí Toliño é correcto. --Banjo tell me 21:40, 20 xaneiro 2008 (UTC)
  • Eu dixen eso porque (tampouco fun bloqueada) pero comprendin en paxinas de conversa de administradores na wiki francesa, que os bloqueados teñen un recurso pa pedir explicacios, non sera mais que o que estades falando e non o que eu imaxino ElviraConversa con mi 22:05, 20 xaneiro 2008 (UTC)

MediaWiki:Editinginterface[editar a fonte]

Esta mensaxe é a que lles sae aos administradores para alertalos de que están a editar unha páxina MediaWiki:
Esta páxina contén texto da interface, ten coidado cos cambios que vas realizar!
Esta páxina contén texto da interface, ten coidado cos cambios que vas realizar!
Aviso:
Estás editando unha páxina usada para fornecer o texto da interface do software.
Os cambios nesta páxina afectarán á aparencia da interface para os outros usuarios.
  1. Concordo Con todos eles. Lansbricae (Ti dirás) 19:00, 18 xaneiro 2008 (UTC)

MediaWiki:Welcomecreation[editar a fonte]

Quería propor tamén un embelecemento desta mensaxe que é a que lles sae aos usuarios nada máis acabar de rexistrarse como saúdo de benvida ao proxecto. Polo de agora aínda non tiven tempo para porme con iso, pero intentarei telo en breve...

Wikiletra
Wikiletra
Dámosche a benvida á Galipedia, $1!
A túa conta de usuario foi creada correctamente.

Wikipedia é unha enciclopedia colaborativa escrita por moitos dos seus lectores.



A min tamen me gosta, so por aportar algo proporia este micro-cambio:

Para aprender o máis básico da Wikipedia, podes consultar aquí os contidos de axuda

saudos.----Maañón 16:29, 5 febreiro 2008 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Ola, bon día.

Acabo de atopar isto: "Ejercicios prácticos: Me he tirado a la Sueca. Por detrás. La sueca en vez de tirarse cuescos, caga bombones. Buscad el artículo en ambas frases."

Nesta páxina: http://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/Os_determinantes/O_artigo

"Vexamos algúns exemplos:

Vou ao cine tofo fumado Estou coa miña nai cajando peidos Ela saíu da cociña e mañan sairei do armario Camiño pola penamoa e pillo unhas chutas Xa estou na casa da tua moza Eses coches son dunhas mulleres de Vigo, moi putas Manolo marchou cuns amigos a beber absenta e esnifar cocaina Vou saír nun intre. boas noites ata mañan Tes que collelo cun garfo e queimar o jaco nunha culler"

Un saúdo.

Acabo de rexistrarme, (e editar de novo as mensaxes anteriores) e nunca traballei con isto. Coido que me vou a apuntar xa que actitudes como a amosada poñenme dos nervos. Tedeme paciencia. ;)

Mensaxes de bloqueo[editar a fonte]

As mensaxes de bloqueo que lle chegan aos usuarios rexistrados dan unha mensaxe con erros de formato e dicindo que podes debater o bloqueo na túa páxina de conversa. O problema é que o usuario bloqueado non pode editar na súa páxina de conversa. Eso é falso. Estráñame sendo unha mensaxe de Mediawiki que non funcione, pero habería que revisala, posto que xenera un estado de absoluta indefensión. Se algún administrador quere revisalo, envíolle a captura de pantalla. Alma (fálame eiquí) 23:19, 13 febreiro 2008 (UTC)

Santos e antropónimos[editar a fonte]

A ver se fose posible que alguén que entenda disto poña un pouco de orde nestas categorías:

  • Temos categoría:Haxiografía, con 19 artigos
  • Categoría:Santos, con 42 artigos, e inclúe unha subcategoría Santos de Galicia.
  • Categoría:Antroponimia, con 58 artigos.

Estes artigos non se titulan como San XXX ou Santa XXX, senón que o patronímico é o título (claro que tamén hai redireccións: San Pedro remite a Pedro, papa; pero Pedro vai a unha páxina de homónimos). Nalgún caso comparten categoría (Martiño de Tours). San Xoán é un caso especial, pois reireccióna ás fogueiras de San Xoán.

Se separámo-los antropónimos do santo correspondente, ¿non dá moi pouco xogo? Se escribimos un artigo sobre o santo ¿que diría o artigo do antropónimo?

Conclusión: boto en falta unha política ou descrición do procedemento (unhas normas xerais, vamos), para saber como encabeza-lo artigo se o que queremos é escribir sobre o nome da persoa ou sobre o santo/santa que dá nome a esa persoa. E que non esqueza outras realidades: Xullo (nome e mes), Domingo (nome e día), Xoán (nome, evanxelista, un usurpador romano, mil santos, a fogueira, o mes de xuño). NIn os mil topónimos que levan o nome do santo correspondente.

Espero da vosa intelixencia que vos axude a entenderme porque non me quedou clara a cousa. Pedro --Lameiro (conversa) 23:45, 7 marzo 2008 (UTC)

Ben, non é o día e seguramente non é a hora, pero vou aló. Xa teño batido con problemas deses, e creo que en boa parte están producidos porque é un tema ao que sempre se chegou colateralmente. O único asumido (polo que eu sei e ata onde eu sei) é que os santos do rito católico que sexan merecentes de ter artigo non deberán levar o encabezamento san/santo/santa', porque ese é un título que lle concede unha certa comunidade de crentes. O que se debería usar é Martiño de Tours ou Martiño Dumio para referirse a eses persoeiros. Polo que te refires aos antropónimos, non teño moi claro que o nome Xabier teña contido abondo para estar nunha enciclopedia. Dos antropónimos pódense facer explicacións etimolóxicas, mencionar algúns exemplos históricos, se se queren algunhas equivalencias noutros idiomas e creo que ben pouco máis. Ao mellor iso dá pra un artigo, pero ao mellor non, e en realidade é só unha páxina de homónimos con un plus etimolóxico (e con moita prevención). E en todo caso, é algo bastante inabranxíbel, porque as anas, as marías e as tareixas témolas a man, pero Obama tamén é un nome, e non sei eu se ten moito xeito que teña artigo de seu en tanto que tal nome. E dito isto vou para a cama, que hoxe foi un día duro, e mañá ha de selo máis. --Xabier Cid 00:30, 8 marzo 2008 (UTC)

Cinco anos[editar a fonte]

Só unha nota. Agora remato de deixar unha sucinta nota de agradecemento http://en.wikipedia.org/wiki/User_talk:ILVI#gl.wikipedia.org na páxina de ILVI.--Agremon(contacto) 21:53, 8 marzo 2008 (UTC)