Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

*campiona -> campioa[editar a fonte]

¿Non podería un bot pouco ocupado corrixir os 37 casos de *campiona en campioa? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:28, 17 de agosto de 2012 (UTC) Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 16:51, 22 de agosto de 2012 (UTC)

  • E xa postos, os 87 casos de *estremo por extremo (non mirei os posibles casos de *estrema). Pedro --Lameiro (conversa) 12:33, 17 de agosto de 2012 (UTC)
Ollo, que "estremo" e "estrema" son correctos nalgúns casos. --. HombreDHojalata.conversa 15:45, 22 de agosto de 2012 (UTC)

No artigo aseguramos que o BCE trasladará a súa sede central a partir de 2008 a un novo edificio deseñado por Coop Himmelb(l)au e que estará afastado do actual centro financeiro de Fráncfort. A ver se alguén se anima a confirmar se se trasladou ou non e pasar esa afirmación de futuro e feitos consumados. ¿Está ben escrito ese Himmelb(l)au? Pedro --Lameiro (conversa) 21:05, 18 de agosto de 2012 (UTC)

No sitio web do BCE sempre ten o edificio principal na Eurotower na Kaiserstrasse (polo menos é alí que propoñen de reservar para ir de visita) , non sei de onde sae o traslado para a nova torre no 2008, non será no 2014 ? --Elvira (Conversa comigo) 17:45, 19 de agosto de 2012 (UTC)
Grazas, Elvire. Visto o que dis, borro no artigo a información que citaba ese traslado. Pedro --Lameiro (conversa) 22:24, 19 de agosto de 2012 (UTC)

traballo para un bot[editar a fonte]

Temos 23 casos de *álbumes. ¿Algún bot podería corrixilo por albums? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:06, 23 de agosto de 2012 (UTC)

Tomo nota, pero é "álbums" (con acento). --. HombreDHojalata.conversa 22:15, 23 de agosto de 2012 (UTC)
Touché. Pedro --Lameiro (conversa) 22:58, 23 de agosto de 2012 (UTC)
Feito! Feito! a man, en trinta minutos e aproveitando para amañar máis cousas. Cando son poucos casos acábase antes a man e permite discernir falsos erros e arranxar outros. Normalmente os artigos con erros ortográficos teñen máis dun.
Finalmente non eran 23. Nalgúns a palabra albumes forma parte de direccións de internet http://www.../albumes/.... Noutros álbumes vai en citas en castelán. E noutro no título dun disco.
Explico un pouco: En varrer toda a wiki, un bot tarda moitas horas. Para *álbumes→álbums, por exemplo, habería que lanzalo en semiautomático, por non estar tódolos casos claros, e habería que estar todo ese tempo pendente do monitor para aceptar ou non a substitución.--. HombreDHojalata.conversa 19:27, 28 de agosto de 2012 (UTC)
  • Outra encarga: temos 80 casos de *sobretodo, cando o correcto é separado. Supoño que neste caso si que procede encargarllo a un bot, xa que non se me ocorre ningún caso conflitivo que esixa comprobación persoal. Pedro --Lameiro (conversa) 10:29, 8 de setembro de 2012 (UTC)
Feito! Feito!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:25, 19 de setembro de 2012 (UTC)

para un bot desocupado[editar a fonte]

Temos 1.329 artigos que utilizan a forma correcta suleste, pero tamén temos 1.325 que usan *sur-leste, 164 que empregan *sueste, 123 que usan *surleste e 24 que usan *suleste; igual hai tamén máis usos erróneos, polo guión. ¿Npn podería encargarse un bot de corrixilo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 16:08, 12 de setembro de 2012 (UTC)

  • E, cando remate, que siga cos 411 *sudoeste, 12 *suoeste e 1 *sud-oeste. Pedro --Lameiro (conversa) 16:25, 12 de setembro de 2012 (UTC)

Trabucouse Lameiro arriba e onde puxo o primeiro suleste vai sueste, e onde puxo sueste pois vai sudeste (creo).--Calq (conversa) 20:03, 12 de setembro de 2012 (UTC)

  • E, tampouco creo que a forma con guión sur-leste ou leste-sur sexa de todo incorrecta.--Calq (conversa) 20:05, 12 de setembro de 2012 (UTC)
    • Corrixo, logo: forma correcta sueste (1.329 artigos). Formas erróneas: *sureste (164), *surleste (123), *suleste (24). Por outra banda, temos *sur-leste, que marco como errónea porque, existindo a forma aglutinada sueste hai que rexeitar formas cun guión innecesario. É certo que nesas 1.325 páxinas hainas erróneas (ó meu entender) pero tamén hai aparicións de sur e de leste; é dicir, non son 1.325 erros realmente. Pedro --Lameiro (conversa) 20:56, 12 de setembro de 2012 (UTC)

No artigo Medicina dicimos: "a Enfermaría (que estuda e axe nos cuidados co enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global)". ¿Que significa iso de axe? Pedro --Lameiro (conversa) 20:12, 15 de setembro de 2012 (UTC)

  • Ningún, pero entendo que quere ir por agir (actuar, ten que ver con). --Atobar (conversa comigo) 20:45, 15 de setembro de 2012 (UTC)

correccións[editar a fonte]

Temos a Galipedia inzada de lusismos e castelanismos. É algo asombroso e que deberiamos vixiar máis. Teño unha longa lista de erros léxicos e gramaticais para ir corrixindo ós poucos pero hai dous casos que sobordan calquera intento de facelo manualmente: depois, con 945 aparicións, e entanto (así ou na forma No entanto), con 816 ocorrencias. Máis escasos, pero por riba dos 200, son os perto ou comenzar (e conxugacións). Son incontables os casos de con o, con a, con os, con as, con un. Non sei se un bot podería axudar pero o caso é que é necesario ler os artigos completos porque sempre, sempre, aparecen outras palabras ou construcións erróneas que corrixir, e que só se atopan lendo con calma (¿a quen se lle ocorriría pensar que temos 55 casos de animales?). E así, a pan de millo, non se acaba nunca porque anoto máis erros que os que son capaz de eliminar. ¿Quen se anima a botar unha man? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:04, 18 de setembro de 2012 (UTC)

  • Pedro, no entanto si é galego. Polo demais, levas razón en todo. --Atobar (conversa comigo) 17:37, 18 de setembro de 2012 (UTC)
    • "No entanto" é un lusismo. Común na nosa literatura, pero non é galego. Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 18 de setembro de 2012 (UTC)
      • Si é galego, Pedro. As normas ortográficas e morfolóxicasda lingua galega (2004, Edicións do Cumio). Páx. 125: 20. Conxuncións e locucións conxuntivas / 20.3 Adversativas: no entanto, con nota (número 188) que di: engadiuse no entanto nesta reforma [2003]. E isto está tirado das normas da RAG (páx. 184). --Atobar (conversa comigo) 01:35, 19 de setembro de 2012 (UTC)
        • Touché. Apúntate outro tanto e grazas pola lección. Tódolos días aprenmdo algo con vós. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:22, 19 de setembro de 2012 (UTC)
  • Eu quédome cos depois, ireinos mirando aos poucos en canto vaia tendo algo de tempo. Parecen moitos, pero a forza de restar van quedando menos... --Servando2 (Dime) 17:57, 18 de setembro de 2012 (UTC)
  • Antes de comenzar, voulle ir dando aos animales. E botándolle un ollo aos artigos como dis... --Xas (conversa) 18:11, 18 de setembro de 2012 (UTC)
Este traballo pode coordinarse nunha páxina que xa temos: Wikipedia:Erros de ortografía revisados que ven de Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:29, 18 de setembro de 2012 (UTC)

En Commons o título das páxinas de axuda escríbese en cada idioma, e non con /gl. Ex: Commons:Commons:Benvido en galego e Commons:Commons:Bienvenido en castelán. Pero hai nomes que son iguais nos dous idiomas, como Commons:Commons:Categorías, entón como se traduce ó galego? Así "Commons:Categorías (gl)"? --Vivaelcelta conversa  · contribucións 03:06, 19 de setembro de 2012 (UTC)

Eu penso que ó mellor si se pode facer como ti dis, habería que probar, pero eu probaría primeiro con "Commons:Categorías_gl", creo que ó software de Mediawiki non lle gustan moito os parénteses nos nomes de páxinas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:46, 19 de setembro de 2012 (UTC)

Galicitas (Wikiquote)[editar a fonte]

En Galicitas só hai dous administradores e levan inactivos dende o 2007. E creo eu que debería haber algún administrador. Así que suxiro que algún administrador da Galipedia pida en Mediawiki ou no sitio correspondente facerse administrador da Galipedia.--Vivaelcelta conversa  · contribucións 15:24, 23 de setembro de 2012 (UTC)

hehe, :) Paréceme unha idea boa... pero non contedes comigo. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:09, 24 de setembro de 2012 (UTC)
En realidade hai 6 administradores e 2 burócratas, pero tanto dá porque están todos inactivos. Podedes comprobar que a lista de usuarios activos non é moi ampla (os dous usuarios con máis edicións no último mes son dous bots!). En calquera caso, si que estou a favor de poñer a alguén de administrador. --Toliño Fala aquí comigo 12:43, 25 de setembro de 2012 (UTC)
Eu creo que debe haber un administrador, por se alguén vandaliza como esta páxina que hai que borrar. Para poder introducir novas ferramentas. Toliño a ti que che parece ser administrador. Se queredes tamén podo ser eu. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:48, 25 de setembro de 2012 (UTC)
O problema non é só das Galicitas. Podemos meter na saca tamén ao resto de proxectos irmáns (agás o Galizionario). Ningún deles ten actividade significativa. Habería que facer algo con eles. --Toliño Fala aquí comigo 13:22, 25 de setembro de 2012 (UTC)
Iso acabo de pensar, se os outros tiñan a alguén. Pois só hai unha solución que algún dos administradores da Galipedia se faga administrador, se quere ou eu, que quero selo. Podo selo?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 15:35, 25 de setembro de 2012 (UTC)
Eu non podo, que estarei ausente nos vindeiros meses. Pareceríame magnífico que Vivaelcelta fora administrador, porén, Vivaelcelta, non crees que antes de ser administrador deberías traballar algo como usuario no proxecto? (q:Especial:Contribucións/Vivaelcelta).
Con todo, o mal de Galicitas e dos outros proxectos non é que non teñan administradores. O problema está no que é a base dos wikis, os usuarios e usuarias editores, que non os hai. --. HombreDHojalata.conversa 08:33, 26 de setembro de 2012 (UTC)
Concordo. Se comprendes as responsabilidades de posuír os dereitos de administrador, non hai problema ningún pola miña banda. A min o que me gustaría é meter man ás mensaxes do sistema (o que significa borralas para facelas coincidir coas xenéricas), porque neses proxectos témolas con moitos erros e tamén hai bastantes anticuadas. Ese labor véñoo facendo na Galipedia desde hai tempo, á vez que en translatewiki.net. En caso de que eu pedise tamén os dereitos administrativos nos proxectos irmáns (en Meta pódense pedir dereitos temporais que se revogan automaticamente ao vencer o prazo) sería basicamente para iso, sen contribucións en forma de contidos. Xa verei o que fago. No caso de Vivaelcelta, coido que se pide un mínimo consenso da comunidade (que se pode facer aquí mesmo). --Toliño Fala aquí comigo 10:00, 26 de setembro de 2012 (UTC)
Eu preséntome para que haxa polo menos un administrador. Se nos facemos administradores ten que ser como aquí, indefinido. E si que hai faltas de ortografía, vin algúns meses en con maiúscula inicial nos cambios recentes. É verdade que non fixen edicións, pero alguén ten que administrador estes proxectos, xa que hai vandalismo. Eu se podo quero encargarme dos tres proxectos sen administradores, Galifontes, Galilibros, Galicitas e pido os dereitos para só administrar os proxectos, sen facer colaboracións, pero si revisando cada poucos días a actividade. Cales son as responsabilidades de de posuír os dereitos de administrador? Hai algunha páxina que as indique? Bueno, entón creo eu a consulta ou creala ti Toliño?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:47, 28 de setembro de 2012 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Antes de crear a consulta, bótalle un ollo ás páxinas WP:A e Wikipedia:Elección de administradores. Moitas das cousas que contan han ser igual nos outros proxectos. O problema que vexo é que na páxina de solicitudes en Meta-Wiki din: "If you are requesting adminship to handle one-time vandalism incidents or clearing a deletion backlog, please see Vandalism reports and Steward requests/Speedy deletions". Para os que non entendan o inglés basicamente di que se a solicitude de dereitos administrativos se fai para combater vandalismos puntuais ou baleirar a Categoría:Limpar nun proxecto con ningún ou poucos administradores que o poidan facer, entón encárganse eles se deixamos o aviso. Por suposto sería máis doado de xestionar con alguén, digamos, "local", pero poño isto para avisar de que poden rexeitar a solicitude. Outra cousa que habería que facer é quitar os permisos aos inactivos (agás Agremon (conversa · contribucións), por suposto), porque nos proxectos aínda está Moderador (conversa · contribucións) de administrador! --Toliño Fala aquí comigo 18:10, 28 de setembro de 2012 (UTC)

Vale, pois xa lin as normas máis importantes e quero presentarme. Onde teño que facer a consulta?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 03:00, 29 de setembro de 2012 (UTC)

Dereitos de administrador para Vivaelcelta nos proxectos irmáns[editar a fonte]

Vivaelcelta (conversa · contribucións) expresou o seu interese en ter dereitos administrativos nos proxectos irmáns que non contan con administradores activos (as Galicitas, as Galifontes e mais os Galilibros). O seu labor será revisar a mínima actividade que teñen e eliminar os vandalismos que sofren. Para facelo efectivo, en Meta-Wiki piden un mínimo consenso da comunidade. Ademais, tamén se vai pedir a revogación dos permisos de todos os administradores inactivos (agás os de Agremon). --Toliño Fala aquí comigo 20:45, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Eu teño 7.508 en todas Wikipedias e nos proxectos irmáns, aquí podedes comprobalo.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:58, 4 de outubro de 2012 (UTC)

A favor
  1. Concordo. --Toliño Fala aquí comigo 20:45, 3 de outubro de 2012 (UTC)
  2. Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 14:40, 4 de outubro de 2012 (UTC)
  3. Concordo. --Atobar (conversa comigo) 01:10, 5 de outubro de 2012 (UTC)
En contra
  1. Discordo -- JonnyJonny (conversa) 22:39, 4 de outubro de 2012 (UTC)
  2. Discordo Non vexo a utilidade dun administrador nos "pequenos" proxectos si non hai un mínimo de comunidade para coller unha decisión. "O seu labor será revisar a mínima actividade que teñen e eliminar os vandalismos que sofren." Pódese revisar a mínima actividade sen ser administrador e pedir lixo rápido cando é necesario, usuarios de meta con dereitos pasan a miúdo para limpar.--Elvira (Conversa comigo) 09:58, 5 de outubro de 2012 (UTC)
  3. Discordo por dous motivos (aínda que penso que Vivaelcelta está capacitado, e sería un bo administrador):
  1. Non concibo un administrador que antes non teña un mínimo de edicións/experiencia/traballo no proxecto, e Vivaelcelta o único que fixo en todos eles foi preparar os marcadores de administrador para a súa páxina de usuario (q:Especial:Contribucións/Vivaelcelta, s:Especial:Contribucións/Vivaelcelta e b:Especial:Contribucións/Vivaelcelta), non editou nin unha coma máis.
  2. Considero que as cuestións relativas a outros proxectos han de resolverse neses proxectos, nas súas tabernas, polas súas comunidades. E aí é onde quero chegar. Non hai comunidades que soporten eses proxectos. Nesas circunstancias ter un administrador, ou non ter, non é o importante. O importante é que haxa usuarios que fagan edicións, que non os hai. Para situacións de emerxencia xa hai administradores en meta, como xa se dixo. Así mesmo, como xa se dixo, hai procedemento para solicitar ser nomeado administrador temporal. Para iso, o interesado ten que solicitalo en meta. É unha cuestión entre o solicitante e os burócratas de meta, e o primeiro que van ver e as contribucións do solicitante ao proxecto, obviamente.--. HombreDHojalata.conversa 11:37, 7 de outubro de 2012 (UTC)
Neutro
Comentarios

Comentario O usuario Vivaelcelta ten contribuído moito a mellorar as ferramentas das que dispomos na Galipedia, cousa que lle agradezo moito, pero..., non me gusta moito a súa teima en ser administrador. Xa quixo ser administrador da Galipedia, agora quere selo dos outros proxectos, a que ven tanta teima...? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:50, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Eu cando quixen ser administrador da Galipedia? Nestes tres proxectos non hai administradores e creo eu que fai falta un polo menos, para corrixir erros e polos vandalismos, e primeiro propuxen nesta taberna se algún administrador da Galipedia quería selo e o único que ó mellor se propuña era Toliño e os demais non. E por iso me propuxen eu para que haxa un administrador.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:38, 4 de outubro de 2012 (UTC)
Pois non atopo os diff sobre este tema polo que pode ser que me patinara a neurona, así que risco esa frase e pido desculpas por poñer información sen aportar as debidas referencias. Por suposto non votarei nesta proposta para non influir de ningún xeito nela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:08, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Comentario Discordo para nomear un administrador único dende a Galipedia nos proxectos con moi pouca actividade pero Concordo para pedir a revogación de todos administradores deses proxectos que non teñen ningunha actividade de mais dun ano (si nos últimos 12 meses contribuíron un pouco, inda que non sexa coas ferramentas de administrador, poden quedar cos dereitos). --Elvira (Conversa comigo) 10:06, 5 de outubro de 2012 (UTC) Comentario Estou con Elvira. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:19, 10 de outubro de 2012 (UTC)

Discordo un administrador de meta non sabe galego e non lle vamos a estar a dicir que corrixa todos os erros, como os meses que están en maiúscula no medio dunha oración.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11:24, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Tamén proporei redireccionar as tabernas destes proxectos a Taberna da Galipedia, xa que alí non hai ninguén para contestar.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 03:03, 7 de outubro de 2012 (UTC)

Pareceríanme completamente desacertadas esas redireccións de tabernas! --. HombreDHojalata.conversa 15:24, 7 de outubro de 2012 (UTC)

Borrar páxinas[editar a fonte]

Na Wikipedia en español existe un modelo para pedir que un administrador destrúa as páxinas. es:Plantilla:Destruir En galego existe un modelo igual? E se non existe, como se solicita que se borre unha páxina?

Solicito que un administrador borre esta páxina, xa que o nome non ten que ser tan longo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16:54, 23 de setembro de 2012 (UTC)

  • Abonda con marcar como "lixo" a páxina que queres que se borre. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:01, 23 de setembro de 2012 (UTC)

renomear categorías[editar a fonte]

Creo lembrar que hai pouco se falo da posibilidade de renomear categorías sen necesidade de crear unha nova e mover unha a unha tódolos artigos que contiña. Quizais estea confundido con renoemar imaxes de Commons que pode facer Elisardo, non sei. O caso é que hoxe crearon a "Categoría:Canales de Mediaset España", que habería que converter en Canais, e antes de facelo prefería preguntar por se fose posible algo máis automático. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:43, 29 de setembro de 2012 (UTC)

A min non me sona iso de renomear categorías... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:44, 29 de setembro de 2012 (UTC)
O que se pode facer é dicirlle a un bot que o faga automaticamente.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 17:32, 30 de setembro de 2012 (UTC)
Non é posible mover categorías. O método é o comentado: cómpre ir recategorizando todas as páxinas (á man ou cun bot). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:48, 2 de outubro de 2012 (UTC)
Por certo, temos o modelo {{Redirección de categoría}} que axuda a sinalar a categoría que vai desaparecer. --Toliño Fala aquí comigo 09:48, 2 de outubro de 2012 (UTC)

Modelo:Citas[editar a fonte]

Na Wikipedia en español existe un modelo para poñer citas es:Plantilla:Cita. Na Galipedia existe un modelo igual?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:04, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Máis sinxelo, imposible: {{Cita}}. --Toliño Fala aquí comigo 20:09, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Grazas. Pois creo que buscara, pero xa engadín un interwiki na española e na inglesa.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 09:09, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Ligazóns a toolserver.org[editar a fonte]

Na páxina Especial:Contribucións abaixo de todo "Número de edicións" e "Artigos creados" ligan co toolserver.org a a http://toolserver.org/~soxred93/pages/index.php?name=Vivaelcelta&namespace=0&redirects=noredirects e http://toolserver.org/~soxred93/count/index.php?name=Vivaelcelta&lang=gl&wiki=wikipedia , respectivamente, pero non funciona. Entrei na Wikipedia en inglés e atopei estoutras que funcionan:

Pido que un administrador cambie as ligazóns.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:28, 4 de outubro de 2012 (UTC) Tamén pido que se inclúa esta páxina Especial:Autenticación_central/ abaixo de todo. En inglés ten o título de "Contas".--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 14:05, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 13:39, 10 de outubro de 2012 (UTC)

Buscatermos[editar a fonte]

Desde o pasado día 1, a web de Buscatermos (do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago) é pública, accesible a todo o mundo. Merece a pena gardar ese enderezo entre os favoritos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:45, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Si, vin a nova na TVG pero non conseguira acceder á ferramenta, nas ligazóns que atopara dentro da web da USC mandábanme a unha páxina que pedía usuario e contrasinal...! :). Grazas por esta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:12, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Graciñas, a min vaime ser útil --Elvira (Conversa comigo) 10:13, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Cambio nunha páxina protexida[editar a fonte]

Solicito que un usuario borre todos os interwikis de Wikipedia:Aviso legal e pegue estes:

[[als:Wikipedia:Hinweis Rechtsthemen]] [[bg:Уикипедия:Юридическо опровержение]] [[bs:Wikipedia:Wikipedia ne daje pravne savjete]] [[ca:Viquipèdia:Avís d'exempció de responsabilitat legal]] [[da:Wikipedia:Juridiske forbehold]] [[de:Wikipedia:Hinweis Rechtsthemen]] [[el:Βικιπαίδεια:Προειδοποίηση και αποποίηση ευθυνών για νομικά άρθρα]] [[en:Wikipedia:Legal disclaimer]] [[es:Wikipedia:Aviso legal]] [[fr:Wikipédia:Mise en garde juridique]] [[hi:विकिपीडिया:वैधानिक अस्वीकरण]] [[hr:Wikipedija:Wikipedija ne daje pravne savjete]] [[hu:Wikipédia:Jogi tanács]] [[id:Wikipedia:Penyangkalan hukum]] [[ig:Wikipedia:Legal disclaimer]] [[ilo:Wikipedia:Renunsia dagiti linteg]] [[it:Wikipedia:Disclaimer legale]] [[ksh:Wikipedia:Opjepaß — Jurrißtish Rääsh!]] [[mk:Википедија:Правно одрекување]] [[pl:Wikipedia:Zastrzeżenia dotyczące pojęć prawniczych]] [[pt:Wikipedia:Aviso legal]] [[roa-tara:Wikipedia:Disclaimer legale]] [[ru:Википедия:Википедия не даёт юридических советов]] [[simple:Wikipedia:Legal disclaimer]] [[sr:Википедија:Правно одрицање]] [[sv:Wikipedia:Juridiska förbehåll]] [[tr:Vikipedi:Hukuki sorumluluk reddi]] [[vi:Wikipedia:Phủ nhận về luật pháp]] [[zh:Wikipedia:法律声明]] --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22:18, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 15:41, 7 de outubro de 2012 (UTC)

Galipedia no Progreso[editar a fonte]

Acabo de ver unha nova relacionada coa Galipedia no diario El Progreso. En realidade é unha tontería pero para estas tonterías son as que poñen nos xornais. Veremos o que fan cando cheguemos ós 100.000 artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2012 ás 23:21 (UTC)[responder]

...tras enviar el regidor un escrito con su protesta al lugar de internet... ¿Onde mándanse os escritos á galipedia? Cando chegue a wiki GL aos 100.000 artigos non pasará absolutamente nada (coma sempre) Saúdos --Nemigo 25 de novembro de 2012 ás 16:23 (UTC)[responder]

Cartos públicos na Wikipedia vasca[editar a fonte]

Hola a todos: Procastinando un pouco por aí, atopei na wikipedia vasca un par de aportacións a artigos, de moi bo tamaño (varios miles de bytes), as aportacións as firmaba Elhuyar Fundazioa, e non parecían as ú nicas deste usuario.

Picado pola curiosidade busquei a súa páxina web (www.elhuyar.org) e atopei un pdf coa súa memoria de actividade de 2011, extracto parte do que pon na súa páxina 13:

"Elhuyar ha elaborado más de 11.000 entradas para la edición en euskera de la enciclopedia digital Wikipedia, basadas en el diccionario enciclopédico Lur. Se trata de un proyecto creado por iniciativa de la Viceconsejería de Política Lingüística del Gobierno Vasco donde Elhuyar ha realizado el trabajo técnico. Gracias al trabajo de un año, los usuarios podrán consultar una Wikipedia más euskaldun que nunca donde podrán encontrar un total de 112.481 entradas en euskera."

Isto é wikipedia?, cartos públicos e editores pagados?, entradas "basadas" nunha enciclopedia?

Non sei, este xeito de facer as cousas resúltame, estrano, alleo ao espírito da wikipedia. Concordo en que as linguas minoritarias temos que espabilar para sacar a cabeza na mar anglófona do internet, pero así?

Poida que este rollo non sirva de moito, só quería compartir o que atopei.

--Angeldomcer (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 11:00 (UTC)[responder]

Si, comentamos o proxecto aqui. Que paguen a editores ou que usen unha enciclopedia de referencia para achegar información libre e que todo o mundo poderá editar non me parece mal, sempre e cando cumplan os cinco piares da Wikipedia, iso é o complicado, claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 13:24 (UTC)[responder]

Nace Wikivoyage[editar a fonte]

O vindeiro 15 de xaneiro comezará oficialmente o novo proxecto Wikivoyage, unha guía de viaxes gratuita que será a máis nova incorporación á familia da Fundación Wikimedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2012 ás 09:00 (UTC)[responder]

Xa está tamén dispoñible a versión en castelán, es.wikivoyage.org. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2013 ás 11:39 (UTC)[responder]