Volvo Ocean Race
A Volvo Ocean Race é unha regata de embarcacións a vela que dá a volta completa ao mundo. Está organizada polo fabricante sueco de automóbiles Volvo e ata a edición de 2005 sempre fixera a saída inaugural de portos británicos: o 12 de novembro dese ano, saíu de Vigo apadriñada por el-Rei Xoán Carlos I, aínda que os veleiros estivesen previamente atracados no porto de Sanxenxo. A organización da regata foi subvencionada con 15.000.000 euros por parte de Xunta de Galicia.
As embarcacións que participan na proba pertencen todas ao mesmo modelo, o Volvo Open 70, con pequenas variacións nos materiais e en aspectos mínimos do deseño dependendo dos fabricantes.
A proba desenvólvese por tiradas, que van combinando percorridos en mar aberto, que poden durar entre unha semana e mes e medio de navegación, con regatas en porto ou nas súas proximidades, que duran media xornada.
Índice |
Edición 2005-06 [editar]
Participación galega [editar]
Na edición de 2005-06 houbo unha dobre participación galega. Dunha banda o coruñés Chuny Bermúdez navegou embarcado na tripulación brasileira do Brasil 1. A súa embarcación quedou na terceira posición no final.
Por outra parte, a embarcación española do Movistar estaba patroneada por Pedro Campos e contou en tres tiradas coa participación do pontevedrés Fernando Echavarri. O Movistar sufriu unha grave avaría na tirada que cruzaba o Atlántico con destino en Portsmouth e a tripulación abandonou o barco, que desapareceu ao oeste de Irlanda.
Tiradas ano 2005/2006 [editar]
| N | Comezo | Final | Millas náuticas |
|---|---|---|---|
| 1 | Vigo, o 12 de novembro de 2005 | Cidade do Cabo, Sudáfrica o 2 de decembro de 2005 | 6,400 |
| 2 | Cidade do Cabo, Sudáfrica o 2 de xaneiro de 2006 | Melbourne, Australia o 16 de xaneiro de 2006 | 6,100 |
| 3 | Melbourne, Australia o 12 de febreiro de 2006 | Wellington, Nova Celandia o 16 de febreiro de 2006 | 1,450 |
| 4 | Wellington, Nova Celandia o 19 de febreiro de 2006 | Río de Xaneiro, Brasil o 7 de marzo de 2006 | 6,700 |
| 5 | Río de Xaneiro, Brasil o 2 de abril de 2006 | Baltimore/Annapolis, Maryland, EEUU o 17 de abril de 2006 | 5,000 |
| 6 | Baltimore/Annapolis, Maryland, Estados Unidos o 2 de xuño, 2006 | Nova York, Estados Unidos o 8 de maio de 2006 | 400 |
| 7 | Nova York, USA o 11 de maio de 2006 | Portsmouth, Gran Bretaña o 19 de maio de 2006 | 3,200 |
| 8 | Portsmouth, Gran Bretaña o 2 de xuño de 2006 | Róterdan, Países Baixos o 7 de xuño de 2006 | 1,500 |
| 9 | Róterdan, Países Baixos o 15 de xuño de 2006 | Gotemburgo, Suecia o 17 de xuño de 2006 | 500 |
| Carreiras dentro do porto | Data prevista |
|---|---|
| Sanxenxo (Galicia) | 5 de novembro de 2005 |
| Cidade do Cabo (Sudáfrica) | 26 de decembro de 2005 |
| Melbourne (Australia) | 4 de febreiro de 2006 |
| Río de Xaneiro (Brasil) | 25 de marzo de 2006 |
| Baltimore/Annapolis (EUA) | 29 de abril de 2006 |
| Portsmouth (Gran Bretaña) | 29 de maio de 2006 |
| Róterdan (Países Baixos) | 11 de xuño de 2006 |
Edición 2008-09 [editar]
A edición de 2008 saíu do porto de Alacant. Tamén foi inaugurada polo rei de España.
Participantes [editar]
| Equipo | Número de Vela. | Nacionalidade | Deseñador | construtor | Patrón |
|---|---|---|---|---|---|
| Ericsson Racing Team Ericsson 3 |
SWE 3 | Juan Kouyoumdjian | Killian Bushe | Anders Lewander | |
| Ericsson Racing Team Ericsson 4 |
SWE 4 | Juan Kouyoumdjian | Killian Bushe | Torben Grael | |
| Green Dragon Racing Team Green Dragon |
IRL 888 | Reichel Pugh | McConaghy Boats | Ian Walker | |
| Puma Racing Team Il Mostro |
- | Botin Carkeek | Goetz Custom Boats & Customline Yachts | Ken Read | |
| Team Delta Lloyd | NED 1 | Juan Kouyoumdjian | Killian Bushe | Ger O'Rourke | |
| Team Russia (Sponsor: WDCS) Kosatka |
RUS 1 | Humphreys Yacht Design | Green Marine | Andreas Hanakamp | |
| Telefonica Blue S.A.R. Elena |
ESP 12 | Farr Yacht Design | King Marine | Bouwe Bekking | |
| Telefonica Black S.A.R. Cristina |
ESP 11 | Farr Yacht Design | Southern Ocean Marine | Fernando Echavarri |
Ruta [editar]
| Evento[1] | Data de comezo | Saída | Chegada | Distancia (mn) | Ganador |
|---|---|---|---|---|---|
| Regata 1 | 4 outubro 2008 | Alacant |
- | Telefonica Blue | |
| Etapa 1 | 11 outubro 2008 | Alacant |
Cidade do Cabo |
6,500 | Ericsson 4 |
| Etapa 2 | 15 novembro 2008 | Cidade do Cabo |
Kochi |
4,450 | Ericsson 4 |
| Etapa 3 | 13 decembro 2008 | Kochi |
Singapur |
1,950 | TBD |
| Regata 2 | 10 xaneiro 2009 | Singapur |
- | TBD | |
| Etapa 4 | 18 xaneiro 2009 | Singapur |
Qingdao |
2,500 | TBD |
| Regata 3 | 7 febreiro 2009 | Qingdao |
- | TBD | |
| Etapa 5 | 14 febreiro 2009 | Qingdao |
Río de Xaneiro |
12,300 | TBD |
| Regata 4 | 4 de abril 2009 | Río de Xaneiro |
- | TBD | |
| Etapa 6 | 11 de abril 2009 | Río de Xaneiro |
Boston |
4,900 | TBD |
| Regata 5 | 9 de maio 2009 | Boston |
- | TBD | |
| Etapa 7 | 16 de maio 2009 | Boston |
Galway |
2,550 | TBD |
| Regata 6 | 30 de maio, 2009 | Galway |
- | TBD | |
| Etapa 8 | 6 de xuño, 2009 | Galway |
Marstrand |
950 | TBD |
| Etapa 9 | 14 de xuño, 2009 | Marstrand |
Estocolmo |
525 | TBD |
| Regata 7 | 21 de xuño, 2009 | Estocolmo |
- | TBD | |
| Etapa 10 | 25 de xuño, 2009 | Estocolmo |
San Petersburgo |
370 | TBD |
A ruta tamén inclue sete "metas voantes" (en Fernando de Noronha, Mauricio, Pulau We Indonesia, Latitude 36S, Cabo de Hornos, Fernando de Noronha e St Johns de Terra Nova). Os barcos obteñen a metade da puntuación nestas metas voantes o igual que nas InPort Races.