Regata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regata de dornas co gallo da Festa do albariño (Cambados)

Unha regata é unha competición deportiva de velocidade, ou unha carreira entre embarcacións. O termo utilízase tanto en competicións de vela, como en competicións de remo.

Vela[editar | editar a fonte]

As regatas de Vela poden ser de dúas clases: de vela lixeira ou de vela de cruceiro. As regatas de Vela lixeira adoitan realizarse sobre un percorrido marcado por boias ou balizas, normalmente en forma de triángulo, cuxa configuración máis común é denominada Triángulo olímpico. En Vela de cruceiro, ademais dos percorridos balizados, navégase en regatas de porto a porto. Cando o percorrido atravesa diferentes mares, o rego denomínase Roza oceánica ou transoceánica.

En Galicia as regatas de Dornas a Vela desenvolvense principalmente polo verán na Ria de Arousa, destacan pola súa actividade, asociacións na Illa de Arousa (ACD. Dorna), Ribeira (A. Lajareu por Barlovento)e no Grove (Amigos da Dorna Meca). A elas concurren regatistas de outras rías, e de outros pobos da propia Ria de Arousa, Vilanova, Cambados ... A mais emblematica é a Volta a Illa de Arousa, e tamén destacan a Regata da Dorna (Ribeira) ou a do Faros ( O Grove). No ano 2011 podían xuntarse en cada regata entre 35 e 40 dornas.

Tamén ten moitos adeptos a "Regata do Bao" o primeiro fin de semana de agosto na praia do Bao ou da Canteira na Illa de Arousa e é moi espectacular porque a saida faise dende a mallante, votando a correr os regatistas coas velas na man, para aparellar a embarcación que permanece varada na area esperando para sair en vela.

Regatas salientadas[editar | editar a fonte]

Remo[editar | editar a fonte]

As regatas de remo adoitan celebrarse en mar aberto, rías, leitos fluviais, pantanos, encoros, ou lagos.

No tocante ás regatas de traíñas hai tres tipos de regatas:

  • Descensos: son normalmente nun río e que serven de test de principio de tempada.
  • Cronometradas: que ao igual que noutras disciplinas os participantes loitan contra o cronómetro e o gañador será o que menos tempo empregue.
  • En tandas: son aquelas nas que saen ao tempo dúas, tres ou mais embarcacións (normalmente catro) e que en todo momento van en paralelo. Esta modalidade é a máis estendida no Mar Cantábrico.

Tamén se pode facer outro tipo de clasificacións dependendo se as regatas son en río, en mar ou en ambos.

Regatas salientadas[editar | editar a fonte]

Unha das regatas de remo máis famosa que existe, en remo de banco móbil, é a que enfronta todos os anos ás universidades de Oxford e Cambridge no río Támesis (Reino Unido), a Regata Oxford-Cambridge.

No que fai á Península Ibérica, en remo de banco fixo, salienta o Campionato de España de Traíñas, así coma outras bandeiras que teñen gran historia desde finais do s. XIX como a Bandeira da Concha de San Sebastián celebrada cada ano en setembro, e a Bandeira de Santander.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]