Vittorio Alfieri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vittorio Alfieri por François-Xavier Fabre

Niccolò Vittorio Alfieri, nado en Asti en 1749 e finado en Florencia en 1803, foi un poeta e dramaturgo italiano fortemente influenciado pola cultura clásica e o espírito romántico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perde a seu pai na súa infancia e continúa a residir coa súa nai e o seu novo marido ata que en 1758 entra na Academia militar de Turín, onde os nobres piemonteses eran tradicionalmente instruídos, no ano 1766 deixa a academia e principia unha longa viaxe por Europa, durante case dez anos viaxa por toda Italia, Francia, Inglaterra, Países Baixos, Suíza, Austria, Dinamarca e Rusia. Durante este período dedicouse tamén á lectura de autores como Dante Alighieri, Petrarca, Boccaccio, Maquiavelo, Ariosto e Tasso. Fascinado coa forma de se organizar da natureza e reticente con calquera forma de organización social.

En 1774 escribe a súa primeira traxedia Cleopatra, que se representou ao ano seguinte en Turín, con gran éxito. Entre 1776 e 1777 estrea dúas traxedias Filippo e Polinice e escribe Antigone (1776). En 1778 renuncia ao seu título nobiliario, deixa as súas propiedades á súa irmá e marcha a vivir á Toscana, illándose da sociedade contemporánea. Entre 1781 e 1783 reside en Roma, alí escribe Saul (1783) e Agamennone (1783) e pouco despois escribe Mirra (1784-1786).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]