Vielha e Mijaran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vielha e Mijaran
Situación xeográfica
Localització de Viella i Mitjaran respecte de la Vall d'Aran.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Lleida
Comarca: Val de Arán
Xeografía
Altitude: 980 msnm
Superficie: 211,74 km²
Poboación
Poboación total: 5.633 hab. (2008)
Densidade de poboación: 26,6 hab./km²
Xentilicio:
Información
Código postal: 25530
Alcalde: Joan Pau Perdices Pla (CDA)
Sitio na web: www.vielha-mijaran.org

Vielha e Mijaran (en catalán: Viella i Mitjaran) é un municipio e localidade española situada na provincia de Lleida. É a capital comarcal do Val de Arán.

Limita ao norte co municipio de Canejan, ao noreste e este con o municipio de Naut Aran, ao sur co municipio de Vilaller, ao oeste con Francia (departamento de Alto-Garona) e co municipio de Es Bòrdes, ao noroeste cos municipios de Vilamós e Les.

Está situada a beiras do río Garona, a 980 metros de altura, e ten 5.633 habitantes (2008). É un centro turístico de primeira orde xa non só polo pobo, senón pola contorna natural do Val de Arán e as estacións de esquí entre as que destaca Baqueira Beret.

Este municipio formouse nos anos 70 do século XX pola unión dos pobos de Arròs e Vila, Betlan, Escunhau, Gausach, Vielha e Vilach.

Índice

Entidades de poboación [editar]

  • Arròs, 103 hab.
  • Aubèrt, 122 hab.
  • Betlan, 34 hab.
  • Betren, 483 hab.
  • Casarilh, 74 hab.
  • Casau, 100 hab.
  • Escunhau, 105 hab.
  • Gausach, 566 hab.
  • Mont, 28 hab.
  • Montcorbau, 18 hab.
  • Vielha, 3.156 hab.
  • Vila, 31 hab.
  • Vilach, 200 hab.

Sitios de interese [editar]

Igrexa de Sant Miquèu.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]