Bagnères-de-Luchon
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bagnères-de-Luchon (Banhèras de Luishon en occitano) é unha comuna do departamento da Alta Garona, Francia. Nos seus 52'8 km² viven 2.900 habitantes. Localízase nos Pireneos, polo leste limita co Val de Arán (España) polo porto do Pontillón. Coñecida pola súa estación de esquí e as súas augas termais.