Baqueira Beret
Coordenadas: 42°41′57″N 0°56′48″W / 42.69917°N 0.94667°W
| Situación | Pireneo Catalán |
| País | España |
| Información: - Cota mínima - Cota máxima - km. fondo - km. esquiáb. |
1.500 metros 2.510 metros 7 120 |
| Pistas de esquí: - De fondo |
6 36 29 7 1 circuíto |
| Remontes: - Telesquís - Telecadeiras - Telecabinas - Cintas |
5 20 1 7 |
| Neve artificial: - Canóns - Superficie |
546 36 km |
| Contacto: - Páxina web - Correo-e - Teléfono - Fax |
Baqueira.es viajes@baqueira.es 973 639 000 973 644 488 |
Baqueira Beret (en occitano aranés: Vaquèira-Beret) é unha estación de esquí situada no Val de Arán (Lleida), no Pireneo Catalán, España. A partir da creación da estación, orixinouse ao redor un núcleo urbano de nova formación, Vaquèira, con todo tipo de servizos (hoteis, apartamentos, farmacias...)
A estación está dividida en tres zonas: Vaquèira, Beret e La Bonaigua. As tres suman 110 km de pistas, sendo a estación con máis quilómetros esquiables de Cataluña e a terceira dos Pireneos (sendo Aramón, en Aragón, a primeira e Grand Valira, en Andorra, a segunda). Ten un dominio esquiable de 1.922 hectáreas, o máis grande dos Pireneos.
A estación foi fundada en 1964 por Jorge Jordana de Pozas e Luis Arias.
Índice |
Descrición [editar]
Está situada nas zonas máis elevadas das comarcas do Val de Arán (Naut Aran) e do Pallars Sobirà (Vales de Àneu).
A orientación atlántica e de vertente norte da estación fai que dispoña durante toda a tempada de abundantes precipitacións e de baixas temperaturas que aseguran grandes espesores de neve.
Servizos [editar]
Ademais dos servizos habituais (escola de esquí, aluguer de material, restaurantes e cafeterías, atención médica, etc.), dispón dunha importante oferta de aloxamento en hoteis e apartamentos, así como pista de xeo, piscina climatizada, tendas de deporte e comerzo en xeral, discoteca, etc. A oferta gastronómica desta zona turística é unha mestura da tradición da cociña francesa coas especialidades locais.