Cervera
Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.
Índice |
Demografía[editar]
Entidades de poboación[editar]
| Entidades | Poboación (2005) |
|---|---|
| La Cardosa | 4 |
| Castellnou d'Oluges | 52 |
| Cervera | 8.817 |
| Malgrat | 5 |
| La Prenyanosa | 14 |
| Vergós | 50 |
Evolución demográfica[editar]
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1986 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 4.350 | 4.554 | 5.216 | 5.773 | 6.444 | 6.545 | 9.247 |
Comunicacións[editar]
En Cervera enlazan o Eix Transversal (C-25) coa autovía A-2 de Madrid a Francia. Posúe tamén estación de ferrocarril (liña Barcelona-Lleida-Madrid).
Historia[editar]
Converteuse en municipio en 1182, e en 1702 obtivo o título de cidade. Entre 1700 e 1715, no marco da Guerra de Sucesión española, Cervera posicionouse de parte de Felipe V e tras a vitoria borbónica converteuse na cabeza de corregimiento e obtivo numerosos privilexios (como a universidade).
En 1717 trasladouse aquí a Universidade de Barcelona (1717-1842). Os seus profesores converteron a cidade nun foco de revoltas e conspiracións absolutistas e carlistas na primeira metade do século XIX.
Logo da chegada dos liberais ao poder por mor da morte de Fernando VII en 1833, a Universidade de Cervera trasládase a Barcelona, así como a de Alcala de Henares trasladouse a Madrid para converterse en Universidade Central.
Lugares de interese[editar]
- Praza Maior porticada
- Concello (Paeria), de estilo barroco
- Igrexa de Santa María, ss. XIV-XV, de estilo gótico
- Antiga Universidade de Cervera, de estilo neoclásico
- Igrexa románica de Sant Pere o Gros, de planta circular, nos arredores da cidade.
- Museu do Blat i a Pagesia
- Museu Duran i Sanpere, arqueolóxico e de historia local.
- Monumento á Generalitat de Catalunya
- Carreró de lles Bruixes
En Vergós[editar]
- Castelo
- Igrexa da Magdalena
- Igrexa de Santa María
Festas de interese[editar]
- San Antonio Abad, 17 de xaneiro
- Cantada de Completes, 5 de febreiro
- Festa Maior do Santísimo Misterio, 6 e 7 de febreiro
- A Paixón, meses de marzo e abril
- Festa de San Isidro Labrador, 15 de maio
- Sant Magí, 18 e 19 de agosto
- Festa da Aquelarre, último fin de semana do mes de agosto
- Festa Maior do Santo Cristo, 4º fin de semana de setembro
Personalidades de sona[editar]
- Marc Márquez, piloto de motociclismo.