Balaguer
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Balaguer é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Noguera e do partido xudicial de Balaguer.
[editar] Historia e características
A poboación en 2006 era de 15.769 habitantes, sendo o terceiro municipio da provincia logo da cidade de Tàrrega e a capital, Lleida, da que dista uns 25 km. A cidade é un importante centro hortícola e industrial para a provincia. A cidade está comunicada mediante as estradas C-12, C-13, C-26 e C-53 e a liña de ferrocarril de Lleida-La Pobla de Segur.
A cidade atópase no val do río Segre, río que pasa pola poboación e ao que verte as súas augas o río Sió xusto antes de chegar Balaguer. A poboación limita ao norte con Gerb, que pertence a Os de Balaguer; ao nordés con Camarasa; ao leste con La Sentiu de Sió; ao sueste con Vallfogona de Balaguer; ao sur con Térmens; ao suroeste con Menarguéns; e ao noroeste con Castelló de Farfanya.