Solla de California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A solla de California[2] (Eopsetta grigorjewi) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das dúas recoñecidas actualmente no xénero Eopsetta.[1]

Trátase dunha especie de grande importancia comercial, que se captura ao longo da costa oeste dos Estados Unidos e o Canadá, e no mar de Bering, fundamentalmente con artes de arrastre.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1879 polo zoólogo inglés residente en California (Estados Unidos) William Neale Lockington, baixo o nome de Hippoglossoides jordani,[1] quen a dediou ao seu colega David Starr Jordan, iniciador dos estudos da ictioloxía nos Estados Unidos.[4]

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta especie é un peixe plano cos dous ollos situados no lado dereito do seu corpo ovalado. A cara superior, pigmentada, é e coloración uniforme parda escura, e a inferior é branca, ás veces con tonalidades rosadas. Ten unha gran boca con dúas fileiras de dentes pequenos, en forma de frecha, na mandíbula superior, e unha soa fileira na inferior.[5]

Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 53 cm nos machos e de até os 70 cm nas femias. O tamaño medio dos espécimes capturados é de 42,5 cm. O peso máximo rexistrado foi de 3,7 kg .[6]

A súa columna vertebral está formada por de 41 a 44 vértebras. A aleta dosal presenta de 87 a 101 raios, e a anal de 67 a 79. A orixe da aleta dorsal sitúase á altura do medio do ollo. A aleta caudal remata nunha ampla 'V'.[7]

Hábitat, bioloxía e usos[editar | editar a fonte]

É un peixe mariño, demersal, que vive en fondos de entre os 0 e os 550 m de profundidade,[8] nas costas do océano Pacífico norte, entre os 67° N e os 31° N, desde o mar de Bering e Alasca até as illas Coronado, ao norte da Baixa California (México).[7][9]

Os adultos viven sobre fondos de area,[10] xeralmente en augas profundas.[11]

Poden vivir até os 35 anos.[12]

Aliméntanse de invertebrados e peixes bentónicos.[4]

Eopsetta jordani é unha especie comestíbel e moi apreciada gastronomicamente que se pesca activamente con artes de arrastre,[3] nas zonas 67 e 77 (Pacífico leste e acíficoi centro-leste, respectivamente).[2]

Comercialízase en fresco ou como filetes conxelados,[10] e consómese cocido ao vapor, frito, asado no forno ou en fornos microondas.[6]

O fígado dos exemplares grandes son unha boa fonte de vitamina A.[4]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) declarou en 2010 o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que, a pesar da pesca comercial de que é obxecto, e das flutuacións naturais das súas poboacións, non hai evidencias para suxerir que se cualifique a especie en ningunha das categorías de ameaza. Na actualidade, as poboacións están recuperándose. Porén, cómpre facer un seguimento dos niveis de poboación e das capturas para asegurar que as medidas actuais de axuda á recuperación do stock son suficientes para reconstruír a poboación da especie.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Eopsetta jordani (Lockington, 1879) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.
  3. 3,0 3,1 Han-Lin Lai1, Melissa A Haltuch, André E. Punt & Jason M. Cope: "Stock Assessment of Petrale Sole: 2004" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. US National Marine Fisheries Service. (Data de acceso: 17-06-2015).
  4. 4,0 4,1 4,2 Hart, J .L. (1973): "Pacific fishes of Canada". Bull. Fish. Res. Board Can. 180: 740.
  5. Petrale Sole - Eopsetta jordani en FishWatch. National Marine Fisheries Service. 14 de maio de 2009. (Data de acceso: 26-06-2015).
  6. 6,0 6,1 Fadeev, N. S. (2005): Guide to biology and fisheries of fishes of the North Pacific Ocean. Vladivostok, TINRO-Center.
  7. 7,0 7,1 Eopsetta jordani (Lockington, 1879) en FishBase.
  8. Allen, M. J. and G. B. Smith (1988): Atlas and zoogeography of common fishes in the Bering Sea and northeastern Pacific. NOAA Tech. Rep. NMFS 66.
  9. 9,0 9,1 Eopsetta jordani na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.2
  10. 10,0 10,1 Eschmeyer et al. (1983).
  11. Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Oxford, England: Fishing News Books, Osney Mead.
  12. Munk, K. M. (2001): "Maximum ages of groundfishes in waters off Alaska and British Columbia and consideration of age determination". Alaska Fish. Res. Bull. 8 (1): 12-21.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
  • Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald e H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, U.S.A.: Houghton Mifflin Company.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]