1057
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas efemérides do ano 1057 é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros anos que precisan ampliación e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Calendario gregoriano | 1057 MLVII |
| Ab urbe condita | 1810 |
| Calendario armenio | 506 |
| Calendario chinés | 3753 – 3754 |
| Calendario hebreo | 4817 – 4818 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
1112 – 1113 979 – 980 4158 – 4159 |
| Calendario persa | 435 – 436 |
| Calendario musulmán | 449 – 450 |
| Calendario rúnico | 1307 |
Índice |
Acontecementos[editar]
Asia[editar]
- O rei Anawrahta de Myanmar toma Thanton, no Norte da actual Tailandia.
África[editar]
- Os banu Hilal, nómades procedentes do Alto Exipto, saquean Cairuán (na actual Tunicia) , capital dos ziridas. As cidades que escapan á pillax dos hilalianos constitúense en pequenos estados rexidos por aristócratas.
Mediterráneo Oriental[editar]
- 8 de xuño - Comezo do reinado de Isaac I Comneno, emperador bizantino (até 1059).
Europa[editar]
- 3 de agosto - Federico de Lotarinxia (Friedrich von Lothringen) entronizado ao papado como Estevo IX.
- 15 de agosto - Macbeth rei de Escocia perde a vida durante a batalla de Lumphanan a mans de Malcolm III Canmore, fillo do rei Duncan I, ao coidar que Macbeth usurpara a coroa.
- Fernando I de León e Castela conquista Lamego e Viseu (Portugal).
Nacementos[editar]
- Bohemundo de Taranto, príncipe de Taranto, un dos dirixentes da Primeira Cruzada, príncipe de Antioquía († 1111).