Edward Kennedy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Kennedy
Nome completoEdward Moore Kennedy
Nacemento22 de febreiro de 1932
Lugar de nacementoDorchester
Falecemento25 de agosto de 2009
Lugar de falecementoBarnstable e Hyannis Port
Causacancro de cerebro
SoterradoCemiterio Nacional de Arlington
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniairlandoamericano
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversity of Virginia School of Law, Harvard College, Milton Academy, Academia de Direito Internacional de Haia, Portsmouth Abbey School e Fessenden School
Ocupaciónpolítico, avogado e autobiógrafo
PaiJoseph P. Kennedy
NaiRose Kennedy
CónxuxeJoan Bennett Kennedy e Victoria Reggie Kennedy
FillosKara Kennedy, Edward M. Kennedy Jr. e Patrick J. Kennedy
IrmánsJoseph P. Kennedy, John F. Kennedy, Rosemary Kennedy, Kathleen Kennedy Cavendish, Eunice Kennedy Shriver, Patricia Kennedy Lawford, Robert F. Kennedy e Jean Kennedy Smith
PremiosKnight Commander of the Order of the British Empire, Medalla Presidencial da Liberdade, Premio Four Freedoms - Medalla da Liberdade, Profile in Courage Award, Premio Nansen, Ordem da Águia Asteca, Ordem do Mérito do Chile, Labor Hall of Honor, Pardes Humanitarian Prize in Mental Health, Grand Officer of the Order of the Sun of Peru‎, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Order of the Companions of O. R. Tambo, Ordem do Mérito da República Italiana e Dr. Nathan Davis Award for United States Senators
Na rede
IMDB: nm0448356 Twitter: kennedynews Spotify: 22f1rDq2L31BSyVLZCSlyY iTunes: 151121793 Musicbrainz: aa1a62ca-f027-426e-810f-63556da55434 Discogs: 1531380 WikiTree: Kennedy-737 Find a Grave: 41159008 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edward Moore Kennedy, Sr., chamado Edward Kennedy ou Ted Kennedy, nado o 12 de febreiro de 1932 en Boston e morto o 25 de agosto de 2009 en Hyannis, Massachusetts, foi un político estadounidense e unha das figuras principais do Partido Demócrata. Foi irmán do presidente John Fitzgerald Kennedy.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia e formación[editar | editar a fonte]

Edward foi o máis novo dos nove irmáns Kennedy, fillos de Joseph Patrick Kennedy e de Rose Fitzgerald Kennedy, unha importante familia de orixe irlandesa da comunidade católica de Boston. Estudou en Harvard, de onde foi expulsado por facer trampas nun exame, e despois ingresou no exército, co que foi destinado a París entre 1951 e 1953. Á volta do exército reingresa en Harvard e diplómase en 1956. En 1958 marcha a estudar á Haia dereito internacional e participa na campaña do seu irmán John Fitzgerald Kennedy ao Senado. Licénciase en dereito pola Universidade de Virxinia ese mesmo ano, e en 1959 comeza a traballar para o colexio de avogados de Massachusetts.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Logo de que o seu irmán John fose elixido presidente en 1960, Edward optou á cadeira que este deixara libre no Senado, conseguíndoa en 1962. Dende ese momento, foi reelixido como senador por Massachusetts en 1964, 1970, 1976, 1982, 1988, 1994, 2000 e 2006 (onde obtivo o 69% dos votos, polo 31% do republicano Kenneth Chase). En 1963 o seu irmán, o presidente John Fitzgerald, é asasinado en Dallas, e en 1968 o seu outro irmán Robert, co que se converteu no patriarca dunha ampla e poderosa familia da Costa Leste.

O 18 de xullo de 1969, despois dunha festa na illa de Chappaquiddick, o coche que conduce Edward Kennedy sae da estrada e cae ao río. No accidente morre Mary Jo Kopechne, unha muller que o acompañaba, e coa que non o ligaba ningunha relación aparente. Kennedy contoullo á súa familia e á da vítima, así como ao seu avogado, pero non falou coa policía ata o día seguinte, despois de que uns pescadores atopasen o coche envorcado e o cadáver. Por esta falta de asistencia no socorro foi condenado a dous meses de prisión, o que dinamitou definitivamente as súas esperanzas de chegar á presidencia dos Estados Unidos. De feito, en 1980 preséntase ás primarias demócratas enfrontándose o daquela presidente Jimmy Carter, pero o escándalo Chappaquiddick reaparece na opinión pública e decide retirarse. Kennedy xa sobrevivira en 1964 a un accidente de avión, onde faleceron o piloto e o copiloto.

En xaneiro de 2008 pronunciou un discurso onde apoiaba a Barack Obama como candidato ás eleccións presidenciais nos Estados Unidos, fronte a Hillary Clinton e Jonathan Edwards.

Posicionamentos[editar | editar a fonte]

Está considerado un representante da ala máis liberal do Partido Demócrata. Contrario ao aborto ata 1971, mudou despois de posicionamento político[1].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Arlington Cemetery

Casa con Joan Bennett en 1958 e divórciase en 1982. Logo casou con Victoria Reggie Kennedy. Ten tres fillos da primeira muller (Edward Jr., Patrick e Kara) e foi titor de trece nenos máis tralos asasinatos dos seus irmáns John e Robert.

Despois de sufrir un mareo, o 17 de maio de 2008 é hospitalizado e os médicos descóbrenlle un tumor cerebral maligno. Operárono en xuño, e iniciou a seguir o tratamento de quimioterapia e radioterapia. O 20 de xaneiro de 2009 sofre un novo esvaecemento durante o xantar posterior á toma de posesión de Barack Obama como presidente estadounidense.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]