Ramón María Narváez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón María Narváez

Ramón María Narváez y Campos, nado en Loja (Granada) o 5 de agosto de 1800 e falecido en Madrid o 23 de abril de 1868, foi un político e militar español. Coñecéuselle co nome de El Espadón de Loja.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira militar comezou no rexemento de Gardas Valonas en 1815, e en 1822 serviu baixo o mando de Francisco Espoz y Mina en Cataluña, onde sería apresado polas tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís. Permaneceu en Francia até 1824. Tras rexeitar calquera tipo de cargo durante o Reinado de Fernando VII de España, incorporouse en 1834 ao lado dos isabelinos durante as Guerras Carlistas. En xullo de 1835 participou na Batalla de Mendigorria, e en 1836 tomaría parte na batalla de Arlabán, onde gañaría o ascenso a brigadier.

Durante 1837 encárgaselle o mando das reservas andaluzas para expulsar aos carlistas de Castela, e durante esta campaña nace unha forte enemistade co xeneral Espartero. A súa grande habilidade militar e a súa ideoloxía liberal fixeron que tanto progresistas como moderados pretendesen que se incorporara aos seus partidos. A pesar de isto tivo que exiliarse despois de presidir xunto co xeneral Córdoba unha xunta de oposición a Espartero. Permanecería en París durante os tres anos que durou a Rexencia.

En 1843 regresaría a Valencia, e o 23 de xullo dese mesmo ano, derrotaría as tropas esparteristas de Seoane en Torrejón de Ardoz, preto de Madrid; por esta vitoria sería ascendido a tenete xeneral. En novembro é vitima dun atentado en Madrid do que consegue sobrevivir.

Ao rematar a Rexencia de Espartero, a maioría de idade de Isabel II en 1844, foi nomeado presidente do goberno e converteuse nun dos impulsores da Constitución de 1845. O 26 de novembro de 1847 Isabel II premia a súa lealdade concedendolle o Ducado de Valencia con Grandeza de España. En 1851 presentou a súa dimisión, pero tras o golpe de Leopoldo O'Donnell foi chamado de novo para formar goberno en 1856. Entre 1856 e 1868 presidiu tres gabinetes ministeriais, dende os cales exerceu unha política represiva contra calquera manifestación revolucionaria. Tras a súa morte produciuse a Revolución de 1868, que derrocaría a Isabel II.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Luis González Bravo
Ramón María Narváez
Precede a:
Manuel Pando Fernández de Pineda
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Manuel Pando Fernández de Pineda
Ramón María Narváez
Precede a:
Francisco Javier de Istúriz
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Florencio García Goyena
Ramón María Narváez
Precede a:
Serafín María de Soto
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Leopoldo O'Donnell
Ramón María Narváez
Precede a:
Francisco Armero Peñaranda
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Alejandro Mon y Pidal
Ramón María Narváez
Precede a:
Leopoldo O'Donnell
Presidente do Goberno de España