Partido Moderado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O Partido Moderado era a principal organización política liberal española durante o reinado de Isabel II, no século XIX, nacida en 1834 baixo a presidencia de Francisco Martínez de la Rosa.
As súas ideas principais eran:
- Fortalecemento do poder real.
- Capitalismo puro.
- Paz interna nacional.
- Centralismo total, localizado en Madrid.
Durante a súa existencia tivo o apoio do exército, a burguesía, os terratenentes e as clases medias en parte (a chamada xente de orde).
Unha vez derrotado o carlismo algúns dos seus membros máis moderados e condescendentes incorporáronse ao partido.
Tras a revolución de 1868, e a Constitución de 1869 non obtivo representación nas novas Cortes e perdeu todo o seu poder.
Tras a restauración da monarquía en 1874, uniuse á Unión Liberal para formar o Partido Conservador, baixo a dirección de Antonio Cánovas del Castillo.