Loja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa Maior da Encartación

Loja é un concello situado no extremo occidental da provincia de Granada, na Comunidade Autónoma de Andalucía, limítrofe coas provincias de Málaga e de Córdoba. Segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2009 conta cunha poboación de 21.574 habitantes e unha extensión de 454,7 quilómetros cadrados.

Entre os seus monumentos cómpre salientar a fortaleza militar árabe da Alcazaba e varias igrexas construídas no século XVI, como a Igrexa Maior da Encartación, levantada sobre a antiga mesquita medieval da cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]