Manuel Pando Fernández de Pineda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Pando Fernández de Pineda, nado en Madrid en 1792 e falecido na mesma cidade o 20 de febreiro de 1872), Marqués de Miraflores e de Pontejos, Conde de Villapaterna e da Ventosa, Señor de Villargarcía del Pinar e de Miraflores. Político, diplomático e historiador español.

Foi embaixador de España en Londres en 1834 durante a Regencia de María Cristina de Borbón sendo un dos artífices da Cuádrupla Alianza. En 1838 foi embaixador en París. Foi nomeado durante pouco máis dun mes Presidente do Consello de Ministros en 1846, pero a convulsión dos primeiros días derribaron o seu goberno en favor de Ramón María Narváez. Posteriormente foi Ministro de Estado en 1851, e de novo Presidente do Consello en 1863. Pouco antes da Revolución de 1868 foi Presidente do Senado.

Foi membro da Real Academia da Historia.


Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Ramón María Narváez
Manuel Pando Fernández de Pineda
Precede a:
Ramón María Narváez
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Leopoldo O'Donnell
Manuel Pando Fernández de Pineda
Precede a:
Lorenzo Arrazola
Presidente do Goberno de España

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]