Florencio García Goyena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFlorencio García Goyena
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1783 Editar o valor em Wikidata
Tafalla, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 1855 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Presidente do Goberno de España
12 de setembro de 1847 – 4 de outubro de 1847
← Joaquín Francisco Pacheco y Gutiérrez CalderónRamón María Narváez →
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xuíz , avogado , xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Moderado Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1638162

Florencio García Goyena, nado en Tafalla en 1783 e finado en 1855, foi un xurista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos de Dereito nas Universidades de Madrid e Salamanca. En 1823 exiliouse a Francia, regresando á morte de Fernando VII.

Ocupou os cargos de síndico-consultor das Cortes e Deputación de Navarra; fiscal criminal en Burgos; corrixidor en Guipúscoa; gobernador civil en Granada e Zaragoza; Rexente das audiencias de Valencia e Burgos; Maxistrado e presidente da Sala de Indias do Tribunal Supremo; Ministro de Xustiza con Joaquín Pacheco e no gabinete de Joaquín María López en 1843.

Incorporado dende moi cedo á Comisión Xeral de Codificación. A partir de 1846 participou decisivamente na elaboración do proxecto de Código Civil de España de 1851, tendo por base o Código Civil Francés, pasando a súa posteridade como o seu redactor.

Admirador, en materia penal, do xurista británico Sir William Blackstone e da Escola Penal inglesa, salvo no referente á institución do xurado, e contrario ás ideas de Cesare Beccariano extremo de aplicación da pena máxima, puxo freo aos dereitos forais, e introduciu o habeas corpus na lexislación española.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Joaquín Francisco Pacheco y Gutiérrez Calderón
Florencio García Goyena
Precede a:
Ramón María Narváez
Presidente do Goberno de España