Río Amarelo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Huang He»)

Río Amarelo
O río Amarelo cruzando Lanzhou.
País China
RexiónMongolia Interior e Ningxia (Provincias de Gansu, Henan, Qinghai, Shandong, Shanxi e Shaanxi)
Nacementomontañas Bayan Har(Qinghai)
Lonxitude4.845 km
Caudal medio2.571 /s
DesembocaduraMar de Bohai
Localización do río Amarelo

O Río Amarelo, tamén coñecido coma Huang He, é o segundo río máis longo da China, só superado polo río Yangtzé, e o sexto da Terra. Mide 5.464 km, e ocupa unha conca de 752.000 km².[1]

É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos e importantes xacementos minerais.

Foi nese río onde a civilización chinesa comezou. O nome Río Amarelo foi dado por causa do luor amarelo que lle dá.

Curso alto do Río Amarelo

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A primeira literatura chinesa refírese ao río Amarelo simplemente como 河 (en chinés antigo: *C.gˤaj[2]), unha personaxe que chegou a significar simplemente «río» no uso moderno. A primeira aparición do nome 黄河 (en chinés antigo: *N-kʷˤaŋ C.gˤaj; chinés medio: Hwang Ha[2]) atópase no Libro de Han escrito durante a dinastía Han Occidental (206 a. C. - 9 d. C.). O adexectivo "amarelo" describe a cor perenne da auga turbia no curso inferior do río, que é debido ao loess que leva augas abaixo. Outra historia conta que o dragón K'au-fu intentou atravesar o ceo montado nun dos dez soles, ao mediodía o dragón caeu no primeiro río que viu e bebeu ata a última pinga, quedando só un longo leito de barro amarelo.

Un dos nomes máis antigos en mongol era o de río Negro,[3] xa que corre claro antes da súa entrada na meseta de Loes, mais o nome actual do río entre os habitantes de Mongolia Interior é Ȟatan Gol (Хатан гол}}, "río Raíña").[4] En Mongolia, chámaselle simplemente Šar Mörön (Шар мөрөн, "río Amarelo").

En Qinghai, o nome tibetano do río é «río do Pavo Real» ((en tibetano); (en chinés)).

Historia[editar | editar a fonte]

Inicio da Civilización Chinesa[editar | editar a fonte]

Os primeiros chineses probábelmente emigraron do sur, do val do Río Mekong para o norte, establecéndose nas terras fértiles das proximidades do Río Amarelo. Nesta terra irrigada, os antigos chineses cultivaron paínzo, hortalizas e froitas nativas, sobre todo ao longo dos cursos alto e medio do río. No sector baixo do Río Amarelo, cultivábase arroz. Durante o terceiro milenio antes de Cristo, o excedente de produción favoreceu o establecemento de vilas permanentes, como Banpo e Erlitou, e logo a mediados daquel milenio había case que un continuo poboamento ao longo do río, asentando as bases da civilización.

Tempos antigos[editar | editar a fonte]

O río Amarelo, como se representa nun mapa ilustrado da dinastía Qing (seccións).
Mapa de principios do século XIX que representa o curso do río Amarelo (en azul na parte superior do mapa).

Algúns mapas históricos do período das Primaveras e Outonos[5] e da dinastía Qin[6] reflicten que o río Amarelo nesas épocas discorría considerablemente ao norte do seu curso actual. Eses mapas mostran que despois de que o río superase a cidade de Luoyang, fluía ao longo da fronteira entre as actuais provincias de Shanxi e Henan, e logo continuaba pola fronteira entre as de Hebei e Shandong, para desembocar finalmente na baía de Bohai, preto da actual Tianjin. Outra desembocadura do río seguía esencialmente o curso actual.[7]

O río deixou eses cursos no ano 602 a. C.[5] e cambiou completamente ao sur da península de Shandong.[7] A sabotaxe de diques, canles e encoros, e as inundacións deliberadas provocadas polos estados rivais, convertéronse nunha táctica militar habitual durante o período dos Reinos combatentes.[8] Hai acreditadas unha grande inundación no ano 11 a. C. —á que se lle atribúe a caída da dinastía Xin, de curta duración— e outra no ano 70 d. C., cando o río volveu ao norte de Shandong, en esencia, ao curso actual.

Idade Media[editar | editar a fonte]

En 923, Tuan Ning, un xeneral Liang desesperado, volveu romper os diques, inundando uns 2600 km² de terras nun intento fracasado de protexer a capital Liang da dinastía Tang tardía. Unha proposta semellante do enxeñeiro Song Li Chun para inundar as partes baixas do río e protexer así as chairas centrais dos Khitai foi revogada en 1020: o Tratado de Shanyuan entre os dous estados prohibira expresamente aos Song establecer novos fosos ou cambiar o curso do río.[9]

As rupturas producíronse a pesar de todo: unha en 1034, en Henglong, dividiu o curso en tres e inundou repetidamente as rexións do norte de Dezhou e de Bozhou (Song).[9] Os Song traballaron inutilmente —con máis de 35 000 empregados, 100 000 recrutas e 220 000 toneladas de madeira e bambú nun só ano[9]— durante cinco anos intentando restablecer o curso anterior antes de abandonar o proxecto en 1041. O río, entón máis lento, causou unha fenda en Shanghu que ocasionou que a saída principal fose cara ao norte cara a Tianjin en 1048[7] e que en 1194 bloquease a desembocadura do río Huai.[10] A acumulación de depósitos de limo foi tal que mesmo despois de que o río Amarelo cambiase máis adiante o seu curso, o Huai xa non foi capaz de fluír ao longo do seu único leito histórico.

Produción hidroeléctrica[editar | editar a fonte]

Central Hidroeléctrica de Liujiaxia.

Na actualidade existen 16 centrais hidroeléctricas ao longo do río Amarelo, ordenadas a continuación segundo o ano no que comezaron a funcionar.

Segundo se informou no ano 2000, as sete maiores centrais (Longyangxia, Lijiaxia, Liujiaxia, Yanguoxia, Bapanxia, ​​Daxia e Qinglongxia) xa tiñan en funcionamento unha capacidade instalada total de 5.618 MW[11].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yellow River (Huang He) Delta, China, Asia. Geol.lsu.edu (2000-02-28). Retrieved on 2013-02-04.
  2. 2,0 2,1 Baxter, Wm. H. & Sagart, Laurent. Baxter–Sagart Old Chinese Reconstruction, p. 41. 2011. Consultado o 11 de outubro de 2011.
  3. Parker, Edward H. China: Her History, Diplomacy, and Commerce, from the Earliest Times to the Present Day, p. 11. Dutton (Nova York), 1917.
  4. Geonames.de Arquivado 16 de xullo de 2016 en Wayback Machine.. "geonames.de: Huang He Arquivado 05 de marzo de 2018 en Wayback Machine.".
  5. 5,0 5,1 Gernet, Jacques. Le monde chinois, p. 59. Map "4. Major states of the Chunqiu period (Spring and Autumn)". (en francés)
    English version:
  6. Véxase por exemplo en: «Qin Dynasty Map» Arquivado 05 de xaneiro de 2015 en Archive.is.
  7. 7,0 7,1 7,2 Tregear, T.R. A Geography of China, p. 218. 1965.
  8. Allaby, Michael & Garrat, Richard. Facts on File Dangerous Weather Series: Floods, p. 142. Infobase Pub., 2003. ISBN 0-8160-5282-4. Consultado o 15 de outubro de 2011.
  9. 9,0 9,1 9,2 Elvin, Mark & Liu Cuirong (eds.) Studies in Environment and History: Sediments of Time: Environment and Society in Chinese History, pp. 554 ff. Cambridge Uni. Press, 1998. ISBN 0-521-56381-X. Consultado o 15-10-2011.
  10. Grousset, Rene. The Rise and Splendour of the Chinese Empire, p. 303. University of California Press, 1959.
  11. Yellow River Upstream Important to West-East Power Transmission (en inglés) Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine. People's Daily, 14 decembro de 2000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.