Pseudorhombus cinnamoneus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pseudorhombus cinnamoneus
Rapante do Índico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Paralichthyidae
Xénero: Pseudorhombus
Especie: P. cinnamoneus
Nome binomial
Pseudorhombus cinnamoneus
(Temminck & Schlegel, 1846) [1]

Pseudorhombus cinnamoneus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos,[1] coñecida en galego como rapante do Índico.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1846 polos naturalistas Coenraad Jacob Temminck (neerlandés) e Hermann Schlegel (alemán), co nome de Rhombus cinnamoneus, sendo posteriormente reclasificada no xénero Pseudorhombus.[1]

Por iso tamnén se coñece polo sinónimo de Rhombus cinnamoneus Temminck & Schlegel, 1846.[1][3]

Características[editar | editar a fonte]

As principis características deste peixe son:[4]

  • É un peixe plano mariño, demersal,de corpo ovalado, deprimido, sinistro (é dicir, cos dous ollos situados no lado esquerdo do corpo), de até o 35, cm como máximo (aínda que a maioría dos espécimes apañados roldan os 22 cm).
  • A aleta dorsal ten de 77 a 89 raios, e a anal, de 60 a 69
  • A columna vertebral está formada por de 37 a 39 vértebras
  • A coloración do lado piugmentado é parda, cun distintivo ocelo na unión entre as partes rectas e curvas da liña lateral. Presenta ademais moitos aneis escuros dispersos por todo este lado do corpo, e moitos puntos escuros sobre as aletas.
  • Presenta branquiespiñas moderadamente longas e delgadas.

Distribución[editar | editar a fonte]

Encóntrase no océano Pacífico occidental, nas costas do mar da China Meridional, entre os 34° N e os 4° N, desde o sur da China e as Filipinas. e nas do Xapón, a profundidades de entre os 20 aos 164 m.[4]

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Habita en fondos de areosos e lamacentos das costas pouco profundas ou baías até os 164 m de profuincidade. Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos bentónicos.[4]

Lonxevidade[editar | editar a fonte]

O exemplar máis vello capturado tiña 5 anos.[5]

Pesca e utilización[editar | editar a fonte]

Captúrase con redes de arrastre de fondo,[4] nas zonas pesqueiras 61 e 71 (Pacífico]] noroste e centro-oeste, respectivamente.[2]

Comercialízase principalmente en fresco.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Pseudorhombus cinnamoneus (Temminck & Schlegel, 1846) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.
  3. Rhombus cinnamoneus Arquivado 14 de xuño de 2015 en Wayback Machine. en GBIF.org.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Pseudorhombus cinnamoneus (Temminck & Schlegel, 1846) en FishBase
  5. Altman, P. L. and D. S. Dittmer (1962): Growth, including reproduction and morphological development. Federation of American Societies for Experimental Biology.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Cabanban, A.; E. Capuli, R. Froese and D. Pauly (1996): An annotated checklist of Philippine flatfishes: ecological implications. Presented at the Third International Symposium on Flatfish Ecology, 2-8 Novembro 1996, Netherlands Institute for Sea Research (NIOZ), Texel, The Netherlands.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8,
  • Masuda, H.; K. Amaoka, C. Araga, T. Uyeno and T. Yoshino (1984): The fishes of the Japanese Archipelago. (plates). Tokyo, Japan: Tokai University Press.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]