Braunau am Inn
| Escudo | Mapa |
|---|---|
| Dados | |
| Rexión: | Oberösterreich |
| Distrito: | Braunau am Inn (BR) |
| Área: | 24,8km² |
| Altitude: | 351m |
| Poboación: | 16.360 (2006) |
| Código telefónico: | +43 (0)7722 |
| Páxina oficial: | Braunau.at |
| Matrículas automóbiles: | BR |
| Política | |
| Bürgermeister: | Johannes Waidbacher (ÖVP) |
Braunau am Inn é unha pequena cidade austríaca, do estado de Alta Austria e que se atopa na fronteira con Alemaña á beira do río Inn. No outro lado do río fica a cidade alemá de Simbach am Inn. A cidade encóntrase a 60 km ao norte de Salzburgo e conta cuns 16.360 habitantes.
Índice |
Cidade natal de Adolf Hitler[editar]
O 20 de abril de 1889 naceu Adolf Hitler nesta poboación. A que fora a súa casa natal, é actualmente un lugar para a rehabilitación de cativos con problemas mentais. A rocha que se sitúa fronte á casa, trouxérona dende Mauthausen, un campo de concentración próximo, en protesta polo nazismo, e en 1989, o alcalde Gerhard Skiba erixiu un monumento contra a guerra e o fascismo diante da mesma.
A asociación pola historia contemporánea organiza dende 1992 os “Días da historia contemporánea de Braunau” (Braunauer Zeitgeschichte-Tage), e dende o 1998, o Servizo Austríaco da Memoria (Österreichischer Gedenkdienst) celebra reunións en Braunau. No 2000, o xornal local Braunauer Rundschau iniciou a recollida de firmas Braunau setzt ein Zeichen (Braunau fai un sinal).
O 16 de abril de 1927 naceu o papa Bieito XVI no lugar de Marktl am Inn, que queda a poucos quilómetros de Branau mesmo.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
- Adolf Hitler, ditador (1889 - 1945)