Lingua xaponesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xaponés")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Xaponés
'日本語'
Pronuncia: Nihongo
Falado en: Xapón, Hawaii e Guam (EUA), inmigrantes en Brasil, Taiwán e outros países
Rexións: Asia
Total de falantes: 127 millóns (primeira ou segunda lingua)
Posición: 9a no mundo
Familia: Illada
 Xapónico
  Xaponés
Escrita: kanji, hiragana, katakana
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Xapón (de facto), illa de Angaur(Palau)
Códigos de lingua
ISO 639-1: ja
ISO 639-2: jpn
Idioma japonés.PNG

O xaponés é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo 日本語.

O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente se utiliza rōmaji. O rōmaji refírese ao uso do alfabeto latino (para transliteracións). Xa a escrita común xaponesa mestura os tres outros sistemas: o katakana e o hiragana son silabarios, e o kanji é unha adaptación dos logogramas da escrita chinesa.

É unha lingua aglutinante e caracterízase por un sistema complexo de construcións honoríficas, que reflicten a natureza xerárquica da sociedade xaponesa, con formas verbais e vocabularios particulares que varían de acordo co status relativo entre interlocutores. O repertorio de fonemas da lingua xaponesa é relativamente pequeno, e ten diferenciación léxica baseada nun sistema de entoación.

A lingua xaponesa sufriu influencia importante da lingua chinesa por un mínimo de 1.500 anos. Moito do vocabulario importouse da lingua chinesa ou foi creado en base a modelos chineses.

Clasificación lingüística[editar | editar a fonte]

O idioma xaponés agrúpase, xuntamente con outros idiomas minoritarios do Xapón, na familia lingüística das linguas xapónicas. En ámbito máis estendido, é común clasificar o xaponés, xunto coas linguas xapónicas, dentro das linguas altaicas debido a un gran número de analoxías. Non se sabe, con todo, se as semellanzas son por orixe común deses idiomas ou por converxencia.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Aínda que se fala case que exclusivamente no Xapón, a lingua xaponesa ten sido e aínda é falada noutros países. Cando o Xapón ocupou as Coreas, Taiwan, partes da China e varias illas do Pacífico, os habitantes de lugares deses países foron forzados a aprender a lingua xaponesa. Como resultado, aínda hai moitas persoas neses países que falan a lingua xaponesa, somente ela ou tamén as linguas locais. Alén diso, emigrantes, a maioría viven no Brasil, onde está a maior comunidade xaponesa fóra do Xapón, en Australia (especialmente Sydney, Brisbane e Melbourne), nos Estados Unidos (notabelmente en California e en Hawai), tamén falan xaponés con frecuencia. Tamén hai unha pequena comunidade en Davao, Filipinas. Os descendentes dos emigrantes (coñecidos como nikkei, 日系, lit. "descendentes de xaponeses"), porén, raramente falan fluentemente a lingua xaponesa. Estímase que cerca dalgúns millóns de non xaponeses estean estudando a lingua.

Status oficial[editar | editar a fonte]

O xaponés é a lingua oficial do Xapón e soamente neste país ela ten tamén status de lingua oficial de traballo.

Hai dúas formas da lingua consideradas padróns: hyōjungo (標準語) ou xaponés padrón e kyōtsūgo (共通語) ou xaponés común. A política gobernamental do Xapón modernizou a lingua e, con iso, a distinción entre eses dous padróns foi se atenuando co tempo.

O xaponés padrón pode tamén ser dividido en bungo (文語), lit. "lingua literaria", e kōgo (口語), "lingua oral", que teñen regras diferentes de gramática e algunha variación canto ao vocabulario. Bungo foi o método principal de escribir xaponés ata fins dos anos 1940 e aínda ten relevancia entre historiadores, académicos e avogados (moitas leis xaponesas que remaneceron despois da Segunda Guerra Mundial aínda están escritas en bungo, aínda que haxa esforzos en modernizalas a escrita). Kōgo é o método predominante de se falar e escribir xaponés nos días actuais, aínda que a gramática e o vocabulario rexido por bungo aínda apareza de vez en cando para efecto poético.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Existen dialectos varios. A profusión é debida ao terreo montañoso do arquipélago e á longa historia de illamento interno e externo do país. Os dialectos, en xeral, difiren en termos de entoación, morfoloxía inflexiva, vocabulario, uso das partículas e pronuncia. Algúns dialectos, aínda que sexa máis raro, varían ata no repertorio de vogais.

Os dialectos das rexións menos centrais, como os dialectos de Tōhoku ou Tsushima, poden ser inintelixíbeis para persoas doutras partes do país. O dialecto usado en Kagoshima, na illa Kyushu, ao sur, é famosa por ser inintelixíbel non só para falantes do xaponés padrón mais tamén a persoas que viven en rexións de Kyūshū veciñas á Kagoshima. Kansai-ben, un grupo de dialectos da rexión centro-oeste do Xapón, fálase por moitos xaponeses; o dialecto de Osaka, en particular, asóciase co humor, e por iso moitos comediantes usan frases no dialecto de Osaka para dar senso de humor á ocasión.

As linguas ryukyuanas fálanse nas illas Ryukyu. Non son soamente inintelixíbeis a xaponeses, senón que bastante incomprensíbeis entre falantes de diferentes dialectos ryukyuanos. Debido á proximidade entre o ryukyuano e o xaponés, son ás veces considerados só dialectos, aínda que os académicos modernos os consideran linguas separadas.

Recentemente, o xaponés padrón volveuse prevalente en todo o Xapón, non só grazas á televisión e ao radio, mais tamén pola mobilidade crecente dentro do país debida ao sistemas viarios, de trens e aeroviario. Os xaponeses novos xeralmente falan o seu dialecto local e a lingua padrón, mais, na maioría das veces, o dialecto local está influenciado polo dialecto padrón, creándose versións rexionais do xaponés "padrón".

Sistemas de pronuncia e escrita xaponesas[editar | editar a fonte]

Os ideogramas, coñecidos como Kanjis, que forman a palabra Nihongo, Lingua xaponesa.

O xaponés usa cinco sistemas de escrita diferentes: rōmaji, hiragana, katakana, kanji e os algarismos indoarábicos.

漢字 Kanji son os caracteres de orixe chinesa, usados en:


平仮名 Hiragana son caracteres fonéticos usados en:
  • Terminacións flexionais de adxectivos e verbos (送り仮名 okurigana);
  • Partículas gramaticais (助詞 joshi);
  • Palabras para as cales non hai kanji;
  • Palabras cuxo autor preferiu non escribilas en kanji (por lexibilidade, comodidade, hábito, etc);
  • Forma de indicar a lectura de kanji (振り仮名 furigana).


片仮名 Katakana son caracteres fonéticos usados en:
  • Palabras e nomes estranxeiros, excluíndo aquelas que se orixinaron no kanji;
  • Onomatopeas;
  • Palabras cuxo autor quixo salientar (da mesma forma que se escrebe en galego en tipos itálicos);
  • Nome científico de animais e plantas.


ローマ字 Rōmaji son os caracteres latinos, que se usan en:
  • Acrónimos, por exemplo OTAN;
  • Palabras e nomes xaponeses usados noutros países, como en cartóns de visita e pasaportes;
  • Nomes de firmas e produtos que necesiten ser lidos tanto no Xapón como noutros países.


Vexa un exemplo do xornal Asahi Shinbun do 19 de abril de 2004 que comprende todas as modalidades da escrita xaponesa (Katakana, Hiragana, Kanji, caracteres latinos e números indoarábicos en negro):

ラドクリフマラソン五輪代表1m出場にも
radokuriffu, marason gorin daihyō ni ichi man meetoru shutsujō ni mo fukumi
"Radcliffe, representante olímpico na maratón, tamén participa na proba dos 10.000 m"

Ao contrario de moitas linguas orientais, a lingua xaponesa non é unha lingua tonal.

Existen varios métodos de "romanización" da lingua xaponesa. De entre eles, podemos citar a romanización Hepburn, que se basea na fonoloxía inglesa, de entre outras.

Japanese (standard) vowels.png

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua xaponesa
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua xaponesa.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]