Portal:Cataluña/Cidade destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as cidades destacadas no portal da Cataluña:

1[editar a fonte]

Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.

Cunha poboación de 1.615.448 habitantes, Barcelona é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².

Na actualidade, Barcelona é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 35 millóns de pasaxeiros en 2013.


2[editar a fonte]

Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha cidade do nordeste de Cataluña, capital da comarca do Gironès e da provincia de Xirona. Tiña 96.188 habitantes segundo os datos de 2009.

A cidade de Xirona está sita na confluenxia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 70 metros, na chaira do mesmo nome. A pouca distancia dos Pireneos e da costa do Mediterráneo. Fica nunha posición estratéxica entre, o porto de montaña e fronteira con Francia de La Jonquera e a cidade de Barcelona.

Esta situación privilexiada, xa de seu, vese potencializada coa existencia do seu aeroporto, perfectamente ligado ao resto do mundo como segundo aeroporto de Barcelona e importante base de operacións de Ryanair.

Malia ser unha cidade de tradición pausada e tranquila ten dous momentos de festa en que é visitada por persoas vindas de Cataluña toda. Estes son: as feiras de Sant Narcís, patrón da cidade; e Temps de flors, a terceira semana de maio.


3[editar a fonte]

Portal:Cataluña/Cidade destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Cataluña/Cidade destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Cataluña/Cidade destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Cataluña/Cidade destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Cataluña/Cidade destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Cataluña/Cidade destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Cataluña/Cidade destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Cataluña/Cidade destacada/10