Paula Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaPaula Rego
Biografía
Nacemento(pt) Maria Paula Figueiroa Rego Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 2022 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Hampstead (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSlade School of Fine Art (pt) Traducir
Saint Julian's School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, arte figurativa, Pastel (pt) Traducir, Gravado e gráficos Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , gravadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata - 2022 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte contemporánea Editar o valor em Wikidata
MovementoModernismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 2868288 Editar o valor em Wikidata


Paula Figueiroa Rego, nada en Lisboa o 26 de xaneiro de 1935 e finada en Londres o 8 de xuño de 2022, foi unha pintora e ilustradora portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paula Rego naceu en Lisboa no seo dunha familia enriquecida durante os anos do réxime de Salazar, o que quizais fose unha primeira influencia para os seus posteriores personaxes, sinistros e dominantes. Foi enviada estudar a St Julian's School, de Carcavelos, Portugal antes de ingresar no Slade School of art onde coñeceu o tamén artista Victor Willing, con quen contraeu matrimonio. Ambos dividiron o seu tempo entre Portugal e Inglaterra ata 1975, cando se trasladou definitivamente ás illas británicas. En 1988 Willing morreu logo de sufrir durante anos de esclerose múltiple. Sogra de Ron Mueck esta influíuno para pasar dos seus traballos en empresas de efectos especiais á arte dentro das galerías. En 1989 entrou na lista de candidatos ao premio Turner e en 2005 concedéuselle o grao de doutor honoris de letras pola Universidade de Oxford.

Obra[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros traballos datan das décadas de 1960 e 1970, neodadaista ou estilo informal. Mestura diferentes técnicas con pintura e collage, xoga con imaxes infantís, fetichistas e traumáticas. As cales serían fundamentais no seu estilo de madurez. Formou parte do London Group, con quen participou en exposicións colectivas xunto a artistas do talle de David Hockney e R. B. Kitaj. Rego desenvolveu un estilo máis ilustrativo e figurativo. Relacionada con Francis Bacon e Lucian Freud pero cunha forte influencia de Beatrix Potter e os seus libros de contos de fadas.

O seu traballo ofrece a miúdo unha cara sinistra, acentuando a dominación maliciosa e a subversión da orde natural. Ocúpase de realidades sociais polémicas, un exemplo sería Triptych (1998) sobre o tema do aborto, actualmente na colección Abbot Hall en Kendal. O estilo de Rego é comparado en ocasións coas ilustracións de historietas ou cómics. Como nas historietas, os animais represéntanse a miúdo en papeis e situacións humanas. Os seus últimos traballos mostran un estilo máis realista, pero en ocasións continúan as referencias animais, a serie Dog Woman de 1990 por exemplo, nunha serie de cadros ao pastel representa a mulleres con diferentes poses propias de cans (ladrando á lúa etc).

Rego tamén pintou un retrato de Germaine Greer, que se conserva na galería nacional do retrato en Londres, así como o retrato oficial do presidente portugués de Jorge Sampaio.