Lucian Freud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lucian Freud

Lucian Freud, nado en Berlín o 8 de decembro de 1922 e finado o 20 de xullo de 2011[1], é un pintor xermano-británico.

Biografía[editar | editar a fonte]

Foi fillo de pais xudeus, Ernst Ludwig Freud, un arquitecto, e Lucie Brasch. Tamén foi neto de Sigmund Freud e irmán de Clement Freud. Freud e a súa familia movéronse para o Reino Unido en 1933 debido á subida do nazismo, obtendo a cidadanía británica en 1939. Durante este período atendeu á escola de Dartington Hall en Totnes, Devon, e despois na escola de Bryanston. En 1941 foi mobilizado na mariña mercante, pasando tres meses no mar ata ser desmobilizado por invalidez.

Freud é coñecido principalmente polos seus retratos, especialmente espidos. En 1944 realizou a súa primeira exhibición en solitario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morre aos 88 anos o pintor Lucien Freud, nova en Xornal de Galicia o 21 de xullo de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]