Germaine Greer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Germaine Greer.

Germaine Greer, nada en Melbourne o 29 de xaneiro de 1939, é unha académica e escritora australiana, recoñecida internacionalmente coma unha das máis importantes feministas do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Germaine Greer pasou a súa infancia no arrabalde de Mentone. Estudou na escola católica Star of the Sea College en Gardenvale, tendo máis tarde ingresado na Universidade de Melbourne. Logo de concluír a súa licenciatura Germaine mudouse á cidade de Sydney, onde se envolveu no grupo libertario de intelectuais de esquerda Sydney Push. Aínda nesta cidade, Germaine alcanzou o grao de mestre cunha tese sobre Lord Byron en 1963. Esa tese permitiulle lograr unha bolsa de estudos para desenvolver o seu doutoramento na Universidade de Cambridge.

En Cambridge, Germaine formou parte dunha compañía de teatro amateur, os Cambridge Footlights, que a lanzou no medio artístico de Londres. Participou tamén na revista satírica OZ, asinando os textos co pseudónimo Dr. G.

Concluíu o seu doutoramento en 1968, subordinado ás primeiras pezas de William Shakespeare, tornándose profesora de Lingua inglesa na Universidade de Warwick. No mesmo ano casou co xornalista australiano Paul du Feu, mais o casamento durou apenas tres semanas e rematou en divorcio no ano 1973.

En 1970 Germaine Greer publicou o libro polo cal é coñecida ata hoxe: A Muller Eunuco (The Female Eunuch). Germaine viaxou por varios países co obxectivo de promover o libro. Nunha desas viaxes, en 1972, visitou Nova Zelandia, onde foi detida por utilizar as palabras "fuck" e "bullshit" nun discurso; o caso xerou manifestacións de apoio a Greer por parte de grandes sectores do público.

En 1989 Germaine Greer regresou a Universidade de Cambridge como profesora, mais deixou o cargo en 1996, na secuencia de publicidade negativa por alegadamente facer pública a transexualidade da física Rachel Padman. Este é un episodio que torna a Greer notoriamente coñecida pola súa transfobia, especialmente contra mulleres transexuais.

En xaneiro de 2005 foi unha das oito persoas escollidos para participar no Big Brother (versión de celebridades), a pesar de ter criticado o formato do programa. Logo de cinco días na casa, Greer deixou o programa, acusando á produtora de asedio e criticando os outros participantes pola procura desesperada de protagonismo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The Female Eunuch (1970).
  • The Obstacle Race:The Fortunes of Women Painters and Their Work (1980).
  • Sex and Destiny: The Politics of Human Fertility (1984).
  • Shakespeare (1986).
  • The Madwoman's Underclothes: Essays and Occasional Writings (1986).
  • Daddy, We Hardly Knew You (1989).
  • The Change: Women, Aging and the Menopause (1993).
  • The Whole Woman (1999).
  • The Beautiful Boy (2003).
  • Whitefella Jump Up: The Shortest Way To Nationhood (2004).