Mr. Vertigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mr. Vertigo
Autor Paul Auster
País EUA
Lingua inglés
Tema(s) ficción
Xénero(s) Novela
Editorial Sotelo Blanco (1996)
Data de pub. 1994
ISBN 978-84-7824-285-6
Tradución Antón López Dobao

Mr. Vertigo é unha novela de Paul Auster publicada en 1994. Foi traducida ao galego por Antón López Dobao e publicada por Sotelo Blanco en 1996.

O autor combina o fantástico coa crúa realidade sufrida nos EUA entre a Gran Depresión e a Segunda Guerra Mundial.

Trama[editar | editar a fonte]

Walter Claireborne Rawley é un rapaz orfo, que vivía en Saint Louis cos seus tíos até que coñece ao Mestre Yehudi, un personaxe carismático e misterioso, que lle promete aprenderlle a voar.

Tras un período de aprendizaxe nunha casa rural en Kansas, percorren o Medio Oeste e a costa atlántica co seu espectáculo de levitación. Pouco antes de actuar en New York, Walt comeza a ter problemas á hora do seu espectáculo, debido a unhas fortes dores de cabeza. Deciden marchar a Hollywood para facer carreira no mundo do cinema, pero ao chegaren a California son atracados polo tío de Walt, que lle gardaba xenreira dende anos atrás. Walt vaga durante tres anos polo país, e recala en Chicago, onde fai negocios ao abeiro da Lei Seca. Logo é obrigado a alistarse no exército durante a Segunda Guerra Mundial. Rematado o conflito, recala en Newark, onde vive felizmente 23 anos. Tras quedar viúvo, pasa por un período de alcoholismo, e nunha viaxe a Denver decide retornar á casa de Kansas, onde remata os seus días.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]