Georges Simenon
| Profesión: | escritor |
|---|---|
| País: | |
| Nado en: | 13 de febreiro de 1903 |
| Lugar de nacemento: | Liexa, Bélxica |
| Faleceu en: | 4 de setembro de 1989 |
| Lugar: | Lausana Suíza |
Georges Joseph Christian Simenon, nado en Liexa en 1903 e finado en Lausana en 1989, foi un escritor belga.
Traxectoria [editar]
Simenon procedía dunha familia acomodada limburguesa asentada en Liexa. En 1918 deixa os estudos e en 1919 comeza a traballar par o xornal conservador La Gazette de Liège. Logo da morte do seu pai estableceuse en París (1922). Entre 1945 e 1955 viviu nos Estados Unidos e dende 1957 residiu en Suíza.
Simenon foi un dos escritores máis prolíficos do século XX, escribía entre 60 e 80 páxinas ao día, e durante a súa vida publicou 368 novelas e máis de 200 relatos, aínda que é coñecido sobre todo polas 75 novelas 28 relatos do Comisario Maigret; a primeira novela da serie, Pietr-Le-Letton apareceu en 1931 e a última, Maigret et M. Charles en 1972. As novelas de Maigret traducíronse a 55 linguas e moitas convertéronse en filmes.
Simenon tamén escribiu gran número de novelas psicolóxicas como La neige était sale (1948) ou Le fils (1957).