Partidos internacionais do Ilves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ilves é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Dende a súa fundación en 1931, Ilves disputou numerosos encontros, tanto amigables como en distintas competicións e torneos, fronte a equipos e seleccións doutros países. O primeiro encontro fronte a un equipo doutro país foi o 23 de febreiro de 1938 fronte o Telefon Club Romania romanés en Tampere e que finalizou con vitoria romanesa (3-5).

Os maiores éxitos do equipo en competicións europeas chegaron en 1967, cando se proclamou subcampión da Copa de Europa fronte ao ZKL Brno checoslovaco, e en 1998 e 2007, cando o lince conseguiu dous terceiros postos na Copa Continental.

Copa de Europa[editar | editar a fonte]

1966-67[editar | editar a fonte]

O Ilves participou na segunda edición da Copa de Europa na tempada 1966-67 logo de proclamarse campión finlandés na tempada precedente.[1][2]

O equipo de Tampere comezou a súa andaina na máxima competición continental enfrontándose ao Vålerenga noruegués, contra o que gañou tres dos catro partidos que disputaron, se ben perdeu o segundo partido disputado en Oslo (8-6). Na segunda rolda o rival dos linces foi o Dynamo Berlin alemán, equipo fronte ao cal tan só cedeu un empate en Berlín (4-4) no segundo partido logo de ter goleado no primeiro ao alemáns (3-11). Todos os partidos da terceira rolda caeron do lado finlandés nunha eliminatoria na que os polacos do Podhale Nowy Targ pouco puideron facer, especialmente nos dous primeiros partidos. O Ilves clasificouse para a final logo de que o campión soviético, o CSKA de Moscova non se presentara a xogar fronte o equipo finlandés. Finalmente nos partidos polo título o equipo de Tampere caeu fronte os checoslovacos do KZL Brno en ambos partidos, aínda que por unha estreita marxe de tan só un gol (2-3 e 4-5).[3]

Primeira rolda
14 de novembro de 1966 Vålerenga 4 - 6
(1-3, 2-2, 1-1)
Finlandia Ilves

15 de novembro de 1966 Vålerenga 8 - 6
(2-1, 1-2, 5-3)
Finlandia Ilves

18 de novembro de 1966 Finlandia Ilves 8 - 5
(5-1, 0-1, 3-3)
Vålerenga

19 de novembro de 1966 Finlandia Ilves 7 - 6
(1-4, 3-2, 3-0)
Vålerenga
Segunda rolda
14 de decembro de 1966 República Democrática Alemá Dynamo Berlin 3 - 11
(3-2, 0-2, 0-7)
Finlandia Ilves

15 de decembro de 1966 República Democrática Alemá Dynamo Berlin 4 - 4
(1-1, 0-2, 3-1)
Finlandia Ilves

17 de decembro de 1966 Finlandia Ilves 4 - 2
(0-1, 3-0, 1-1)
República Democrática Alemá Dynamo Berlin

18 de decembro de 1966 Finlandia Ilves 7 - 1
(0-1, 4-0, 3-0)
República Democrática Alemá Dynamo Berlin
Terceira rolda
27 de febreiro de 1967 Finlandia Ilves 8 - 3
(3-1, 2-1, 3-1)
Polonia Podhale Nowy Targ

28 de febreiro de 1967 Finlandia Ilves 9 - 1
(4-0, 2-0, 3-1)
Polonia Podhale Nowy Targ

2 de marzo de 1967 Polonia Podhale Nowy Targ 1 - 4
(0-2, 1-0, 0-2)
Finlandia Ilves

3 de marzo de 1967 Polonia Podhale Nowy Targ 3 - 5
(0-1, 1-2, 2-2)
Finlandia Ilves
Semifinais

Ilves debía enfrontarse ao CSKA de Moscova, mais o equipo soviético non se presentou, polo que o equipo de Tampere pasou ás finais.[3]

Final
2 de abril de 1967 Finlandia Ilves 2 - 3
(0-0, 0-2, 2-1)
República Checa KZL Brno

4 de abril de 1967 Finlandia Ilves 4 - 5
(2-1, 1-2, 1-2)
República Checa KZL Brno

1972-73[editar | editar a fonte]

O Ilves conquistou na tempada 1971-72 o seu 15º campionato finlandés,[4] o que lle posibilitou xogar de novo na máxima competición continental. Con todo, o equipo de Tampere non se presentou á disputa dos partidos da segunda rolda fronte o Dukla Jihlava, polo que foi descualificado, pasando os checoslovacos á terceira rolda.[5]

1985-86[editar | editar a fonte]

Na tempada 1984-85 o Ilves conseguiu o seu primeiro título logo da creación da SM-liiga en 1975,[6][7] e deste xeito clasificouse por terceira vez na súa historia para a disputa da Copa de Europa. Os linces debíanse enfrontar ao Saint Gervais francés na terceira rolda, mais finalmente os finlandeses non se presentaron e os de Saint-Gervais-les-Bains pasaron a disputar o grupo final.[8]

European Hockey League[editar | editar a fonte]

1997-98[editar | editar a fonte]

Ilves finalizou a tempada 1996-97 na cuarta posición, que lle permitiu disputar unha competición europea logo de máis de tres décadas dende a súa participación.[a][9] Tratábase da Continental Cup, a segunda competición continental máis importante, e que celebrou esa tempada a súa primeira edición.[10][11]

O Ilves clasificouse directamente para o grupo final, que se disputou en Tampere. O torneo comezou ben para os locais coa vitoria sobre o Salavat Yulaev Ufa ruso por 6-3 o 26 de decembro de 1997, con todo, as derrotas pola mínimo os dous días seguintes fronte ao Eisbären Berlin (4-5) e HC Košice (5-4) relegaron ao equipo finlandés á terceira posición.[12][13]

A nivel individual, Raimo Helminen foi nomeado mellor atacante do grupo final, mentres que o propio Helminen, Vesa Viitakoski e Peter Larsson foron os máximos puntuadores do grupo, xunto co xodor do Košice Rene Pucher, con seis puntos. Viitakoski foi o máximo goleador do grupo con seis goles, mentres que Helminen foi o máximo asistente con cinco asistencias.[13]

2006-07[editar | editar a fonte]

European Hockey League[editar | editar a fonte]

1998-99[editar | editar a fonte]

A prata conquistada na tempada 1997-98 da SM-liiga deulle o billete ao Ilves para disputar de novo a máxima competición continental, agora denominada European Hockey League[12]

Champions Hockey League[editar | editar a fonte]

Tempada 2020-21[editar | editar a fonte]

Tempada 2022-23[editar | editar a fonte]

Fase de grupos
Xogadores de Ilves antes do partido fronte a Stavanger Oilers da quinta xornada da Champions Hockey League celebrado no Nokia Arena de Tampere.
Equipo PX PG OTW OTL PP GF GC Dif Pts
1. Suíza Fribourg-Gottéron 6 4 1 0 1 9 3 +7 14
2. Austria Red Bull Salzburg 6 0 3 2 1 10 9 0 8
3. Stavanger Oilers 6 2 0 2 2 6 13 −5 8
4. Finlandia Ilves 6 1 1 1 3 10 10 -2 6
1 de setembro de 2022
21:00
Suíza Fribourg-Gottéron 3 - 2
(1–0, 1–2, 1–0)
Finlandia Ilves BCF Arena, Friburgo
Asistencia: 5 014

3 de setembro de 2022
21:20
Austria Red Bull Salzburg 2 - 3 (OT)
(1–0, 0–0, 1–2)
(OT: 0-1)
Finlandia Ilves Eisarena Salzburg, Salzburgo
Asistencia: 1 580

9 de setembro de 2022
19:00
Finlandia Ilves 0 - 2
(0–2, 0–0, 0–0)
Suíza Fribourg-Gottéron Nokia Arena, Tampere
Asistencia: 5 368

11 de setembro de 2022
16:00
Finlandia Ilves 1 - 2 (SO)
(0–1, 0–0, 1–0)
(OT: 0-0)
(SO: 0-1)
Austria Red Bull Salzburg Nokia Arena, Tampere
Asistencia: 4 591

4 de outubro de 2022
19:00
Finlandia Ilves 4 - 1
(3–0, 0–1, 1–0)
Stavanger Oilers Nokia Arena, Tampere
Asistencia: 3 843

16 de outubro de 2022
19:30
Stavanger Oilers 4 - 2
(1–1, 1–1, 2–0)
Finlandia Ilves DNB Arena, Stavanger
Asistencia: 2 042

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nas edicións da Copa de Europa de 1972-73 e 1985-86 o equipo de Tampere non se presentou.
Referencias
  1. "KAUSI 1965-66" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  2. "European Cup" (en inglés). IIHF. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Coupe d'Europe 1966/67" (en francés). hockeyarchives.info. 
  4. "KAUSI 1971-72" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  5. "Coupe d'Europe 1972/73" (en francés). hockeyarchives.info. 
  6. "KAUSI 1984-85" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  7. "Perinnesarja, osa 2: Askeleet Jääkiekon SM-liigan perustamiseksi" (en finés). Liiga.fi. 12 de outubro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  8. "Coupe d'Europe 1985/86" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  9. "KAUSI 1996-97" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 29 de xaneiro de 2023. 
  10. "IIHF Club Competition History" (en inglés). IIHFcom. Consultado o 29 de xaneiro de 2023. 
  11. "Continental Cup" (en inglés). IIHFcom. Consultado o 29 de xaneiro de 2023. 
  12. 12,0 12,1 "KAUSI 1997-98" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  13. 13,0 13,1 "Coupe Continentale 1997/98" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.