HC Fribourg-Gottéron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SC Fribourg-Gottéron
Marc Abplanalp - Fribourg-Gottéron vs. Genève-Servette, 6th March 2010.jpg
Fundado en 1938
Sede City of Fribourg-coat of arms.svg Friburgo,
Wappen Freiburg matt.svg Cantón de Friburgo
Suíza Suíza
Cancha BCF Arena
(6.800 espectadores)
Cores Negro, branco, azul e vermello.
                       
Liga National League A
Adestrador Suíza Flag of Canada.svg Hans Kossmann
Director Flag of Canada.svg Raphaël Berger
Propietario Suíza Charles Phillot (presidente)
Sitio Web www.gotteron.ch

O Hockey Club Fribourg-Gottéron, máis coñecido como Fribourg-Gottéron ou símplemente Gottéron, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Friburgo, no cantón homónimo (Suíza). Actualmente compite na National League A (NLA), a máxima categoría do hóckey sobre xeo suízo. O equipo foi o cuarto equipo en afluencia de Suíza na tempada 2012-13 con 6.537 espectadores,[1] xogando máis de 20 partidos como local co pavillón cheo durante esa tempada. Xoga os seus partidos como local no BCF Arena, un pavillón con capacidade para 6.800 espectadores.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1938 polos cidadáns de Frigurgo baixo o nome de HC Gottéron. Inicialmente o equipo competía nunha pista ao aire libre, máis coñecida como Les Augustins, ata 1982, cando se construiu Patinoire St-Léonard.[3]

En 1980 o club adoptou o nome de HC Fribourg-Gottéron logo do ascenso á National League A. Tres anos despois da súa chegada á máixima categoría do hóckey sobre xeo suízo, o Fribourg-Gottéron acadaba o seu primeiro subcampionato ligueiro por detrás do EHC Biel. A pesar das dificultades financeiras do club ao longo da maior parte da súa traxectoria na NLA, o club conseguiu chegar á final da liga tres anos consecutivos (1992–94, sumados ao subcampionato ), mais nunca na súa historia gañou o campionato.

O equipo salvouse da bancarrota en 2006.[3] En 2013 conseguiu un novo subcampionato (o quinto da súa historia) tras caer derrotado na final fronte ao SC Bern en seis partidos (4-2).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Fribourg-Gottéron

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]