Eisbären Berlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eisbären Berlin
Eisbaeren home front.jpg
Fundado en 1954
Sede Alemaña Berlín
Cancha O2-world berlin.jpg
O2 World (14.200 esp.)
Cores                  
Liga Deutsche Eishockey Liga
Campionatos 7 (2005, 2006, 2008, 2009, 2011, 2012, 2013)
Sitio Web www.eisbaeren.de
Interior do pavillón O2 World durante un encontro do Eisbären Berlin.

O Eisbären Berlin é un equipo profesional de hockey sobre xeo da cidade de Berlín (Alemaña). O equipo compite na Deutsche Eishockey Liga, a máxima categoría da liga profesional alemá, saíndo campión nos anos 2005, 2006, 2008, 2009, 2011, 2012 e 2013.

O equipo naceu en 1954 como unha sección do SC Dynamo Berlin, e gañou en 15 ocasións a liga de hockey sobre xeo da Alemaña do Leste antes da reunificación. Cando o club pasou a competir na Eishockey-Bundesliga en 1990, trocou o seu nome por EHC Dynamo Berlin, e dous anos despois por EHC Eisbären Berlin.

"Eisbären" tradúcese como "oso polar", e fai referencia ó oso polar que aparece no escudo da cidade de Berlín.

Palmarés[editar | editar a fonte]

En liga nacional
2004-05, 2005-06, 2007-08, 2008-09, 2010-11, 2011-12, 2012-13
  • Subcampión (2):
1997-98, 2003-04
1965-66, 1966-67, 1967-68, 1975-76, 1976-77, 1977-78, 1978-79, 1979-80, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1985-86, 1986-87, 1987-88
  • Subcampión (15):
1958-59, 1959-60, 1960-61, 1961-62, 1962-63, 1963-64, 1968-69, 1970-71, 1971-72, 1972-73, 1973-74, 1974-75, 1980-81, 1988-89, 1989-90
En competicións europeas
2010
  • Subcampión (0):
  • Subcampión (2):
1998, 2000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]