Oneworld
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A oneworld é a terceira maior alianza de aeroliñas do mundo, tras a Star Alliance e a SkyTeam Alliance.
Baseada en Vancouver, Canadá, oneworld foi creada oficialmente en febreiro de 1999, pero xa en setembro de 1998 American Airlines, British Airways, Iberia, Canadian Airlines, Cathay Pacific e Qantas anunciaban a súa intención de formar unha alianza entre si.
As compañías aéreas integrantes da alianza e as súas afiliadas desfrutan dun alto grao de cooperación entre si, alcanzando máis de 600 destinos nuns 135 países. oneworld opera máis de oito mil voos diarios en todo o mundo, e posúe unha frota de preto de dous mil aeronaves.
Membros actuais (incluíndo subsidiarias rexionais)[editar]
| Membro | País | Ingreso | Afiliadas membros | Afiliadas non membros |
|---|---|---|---|---|
| American Airlines |
|
— | ||
| British Airways |
|
|||
| Cathay Pacific |
|
— | ||
| Finnair |
|
— | ||
| Iberia |
|
|||
| Japan Airlines |
|
|||
| LAN |
|
|||
| Malév |
|
— | — | |
| Mexicana |
|
— | ||
| Qantas |
|
Modelo:NZLb Jetconnect |
Modelo:SINb Jetstar Asia |
|
| Royal Jordanian |
|
— | ||
| S7 Airlines |
|
— |