Air Berlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air Berlin
Air Berlin Logo.svg
IATA
AB
OACI
BER
Indicativo
AIR BERLIN
Fundación 1978 (como Air Berlin USA)
Inicio das operacións 1979
Plan de voo frecuente topbonus
Alianza Oneworld
Subsidiarias Belair, Niki, LGW
Frota 118
Destinos 171
Eslogan da compañía Your Airline
Sede Berlín, Alemaña
Páxina web: http://www.airberlin.com/

Air Berlin é a segunda aeroliña máis grande de Alemaña, despois de Lufthansa, e a sétima europea en número de pasaxeiros. Opera unha extensa rede de voos que inclúen destinos de vacacións na zona mediterránea, as illas Canarias e o norte de África ademais de destinos internacionais cara o sueste asiático, o Caribe e as Américas. A aeroliña é membro da alianza Oneworld e a súa subsidiaria austríaca Niki é membro afiliado da alianza.

Air Berlin concéntrase en servir ás grandes cidades alemás e europeas para atraer tráfico de negocios. Voa a un total de 25 cidades alemás, máis que calquera outra aeroliña. Os seus centros de operacións son o aeroporto de Berlin-Tegel e o aeroporto de Düsseldorf.

Frota[editar | editar a fonte]

Frota de Air Berlin
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A319-100 7 150
Airbus A320-200 82 (12 pedidos) 174
Airbus A321-200 12 210
Airbus A330-200 14 303
Boeing 737-700 18 144
Boeing 737-800 37 (46 pedidos) 186
Boeing 787-9 (18 pedidos)
Bombardier Dash 8 Q400 10 76
Embraer 190 3 112

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]