Nancy
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
![]() |
|||
| Información | |||
| País | |||
| Rexión | Lorena | ||
| Departamento | Meurthe e Mosela | ||
| Superficie | 15,01 km2 | ||
| Poboación | 105.000 (2005) | ||
| Densidade | 6.902 h/km² | ||
| Alcalde | André Rossinot | ||
| www.nancy.fr | |||
Nancy (Alemán arcaico: Nanzig; Luxemburgués: Nanzeg) é una cidade da rexión da Lorena no norleste de Francia. A cidade é a préfecture (capital) do departamento de Meurthe e Mosela. A área metropolitana (aire urbaine) de Nancy tiña unha poboación de 410.509 habitantes no censo de 1999, deles, 103.602 vivían na cidade de Nancy (105.100 segundo estimacións do 2004).
Historia e características [editar]
Segundo estimacións do 2004, Nancy tiña unha poboación de 410.000 habitantes, ocupando o posto número 17 entre as cidades francesas metropolitanas segundo datos do INSEE. Nancy atópase situada no curso baixo do río Meurthe, preto da súa confluencia co río Moselle. A cidade constitúe un importante centro comercial na rexión, destaca o seu porto fluvial nas canles Marne-Rin e París-Nancy. A comunidade urbana do gran Nancy, conta con oito municipalidades: Vandoevre-lés-Nancy 35.000 hab., Laxou 15.898 hab., Villiers-lés-Nancy 15.700 hab., Saint-Max, Malzeville, Maxéville, Tomblaine e Jarville-la-Malgrange.
Nancy foi capital do ducado de Lorena. Entre os séculos XVI e XVIII construiuse a meirande parte do que hoxe é o centro da cidade. No corazón de Nancy atópase a Praza Stanislas antiga praza real, do século XVIII e estilo neoclásico. A praza debe o seu nome ao home que encargou a súa construción, Stanislaw Leszczynski, benefactor da cidad, o rei destronado da Polonia e derradeiro duque da Lorena, a cal gobernou a mediados do século XVII grazas ao seu xenro Luís XV.
