Meridiani Planum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maridiani Planum
MER-B-Descent Stage-med.jpg
Vista da Mars Exploration Rover Opportunity cara suroeste, onde se pode ver na distancia o escudo protector posterior e o seu paracaídas..
Tipo de accidente xeolóxico Planum
Rexión de Marte
Diámetro 1.058,53 km[1]
Coordenadas 0,04° S 356,86° E [1]
Procedencia do nome nome dun antigo rexión de albedo de Marte.[1]

Meridiani Planum é unha chaira de Marte localizada nas coordenadas 0,04° S 356,86° E [1], dentro da porción occidental de Terra Meridiani. Alberga un raro fenómeno da hematita, unhas esferas grises cristalinas, pequenas e duras. Na Terra, a hematita é atopada moi a miúdo nas augas termais ou en grandes estanques de auga; así pois, moitos científicos creen que a hematita de Meridiani Planum podería ser un indicador de antigas augas termais ou dun contorno con abundante presenza de auga líquida. A hematita é parte das capas de rochas sedimentarias que teñen grosores que abarcan dende os 200 ós 800 metros. Meridiani Planum alberga tamén cráteres de impacto e chans de basalto volcánico.

Resumo do traballo da Mars Rover Opportunity[editar | editar a fonte]

No ano 2004, Meridiani Planum foi o lugar de aterraxe da segunda sonda da NASA das súas sondas Mars Exploration Rovers, a sonda recibiu o nome de Opportunity. Meridiani tamén era o sito de aterraxe escollido para a [[[Mars Surveyor 2001 Lander]], o envío desta sonda foi cancelado despois do fallos nas misións Mars Climate Orbiter e Mars Polar Lander.

Os datos obtidos pola Opportunity indican que a rexión na que aterrou estivo nun pasado remoto saturada de auga líquida, posiblemente cunha alta salinidade e cunha alta acidez. Evidencias que indican este feito serían capas de sedimentos non horizontais, a presenza de moitisimas esferas pequenas de hematita, a aparición nas rochas de recuncos e formas poligonais, así coma a presenza de grandes cantidades de sulfato de magnesio e outros minerais ricos en sulfatos coma a xarosita.

Achegas de datos e descubrimentos da Opportunity Rover sobre os minerais e rochas de Meridiani Planum[editar | editar a fonte]

A Opportunity Rover atopou en Meridiani Planum un chan moi semellante ós chans do cráter Gusev e de Ares Vallis; aínda que en moitos lugares de Meridiani o chan esta cuberto con moitas pequenas esferas duras, pequenas e grises alcumas en inglés "blueberries". (arando, uvas da raposa)[2] Estas "blueberries" están practicamente compostas na súa totalidade de hematita. Chegouse a conclusión de que a aparición dun sinal 'granulado no espectro obtido dende a Mars Odyssey era debido a estas esferas. Estudos posteriores evidenciaron que estas esferas se formaron no subsolo gracias a presencia de auga e moi preto da superficie.[3] Co tempo, os sedimentos que rodeaban a estas esferas foron retirados pola erosión, deixando así unha gran concentración destas esferas sobre a superficie. Algúns estudos indican que esta alta concentración de esferas puido nacer da erosión e retirado de capas de sedimento que rodeaban a estas esferas de menos dun metro de grosor .[4] [5] A meirande parte do solo consiste en area de olivina basáltica que non procede das rochas das inmediacións. O lugar da procedencia desta area é descoñecido.[6]

Minerais do po[editar | editar a fonte]

Fíxose unha espectroscopia Mössbauer co po recollido magneticamente pola Opportunity, os resultados atopáronse coa presencia de titanomagnetita, no canto de só atoparse con magnetita, que era o que se supoñían que se ía atopar. Tamén se atoparon pequena cantidades de olivina que indican a presenza dun longo período árido sobre o planeta. Por outra parte tamén se atoparon pequenas cantidades de hematita que indicarían a presencia de auga nun pasado moi remoto do planeta vermello.[7] Coma ó aparato de abrasión da Opportunity chamado Rock Abrasion Tool (RAT) lle foi moi sinxelo perforar no leito rochoso, pensase que as rochas da zona son moito máis brandas cás rochas do cráter Gusev.

Minerais das rochas superficiais[editar | editar a fonte]

Algunhas rochas están a vista no lugar da aterraxe da Opportunity, pero o máis interesante é que o leito de rochas que quedou exposto nos cráteres foi estudado cos instrumentos a bordo do Rover.[8] Este leito de rochas atopado é de carácter sedimentario cunha alta concentración de xofre en forma de sulfatos de calcio e magnesio. Algúns dos sulfatos que poderían estar presente no leito de rochas serían a kieserita, anhidrita, basanita, hexahidrita, epsomita, e xeso. Sales coma a halita, bischofita, cloruro de calcio, bloedita, 3Na 2 SO 4·MgSO 4 (vanthoffita), ou glauberita tamén poderían estar presentes.[9] [10]

A formación "Homestake" (estaca).

As rochas que conteñen sulfatos teñen unha tonalidade clara se son comparadas coas rochas illadas e as rochas examinadas noutros lugares de Marte. O espectro destas rochas de cores claras que conteñen sulfuros é moi semellante ó espectro obtido polo espectrómetro termal a bordo da Mars Global Surveyor. Este mesmo espectro foi atopado sobre unha extensa área, polo que se cree que esta rexión tivo auga nalgún momento do seu pasado remoto, e non só a pequena área explorada pola Opportunity Rover.[11]

O espectrómetro Alpha Particle X-ray Spectrometer (APXS) atopou altos niveis de fósforo nas rochas. Niveis semellantes ós atopados por outras sondas en Ares Vallis e no cráter Gusev, o cal levou a teorizar sobre a posibilidade de que o manto de Marte fose rico en fósforo.[12] Os minerais das rochas tamén puideron terse orixinado por erosión ácida do basalto, xa que o fósforo ten unha solubilidade parecida a do uranio, a do torio, e a doutros elementos raros na Terra, os cales se espera que tamén teñan enriquecido estas rochas.[13]

Cando a Opportunity Rover viaxou ata borde do cráter Endeavour, atopou unha veta branca que máis tarde sería identificado coma xeso puro.[14] [15] Formouse cando a auga transportou o xeso disolto para depositalo nunha fenda na rocha. Na galería inferior pódese ver unha imaxe desta formación, alcumada co nome inglés "Homestake" (estaca).

Evidencias da presenza de auga[editar | editar a fonte]

Nos exames das rochas de Meridiani atopáronse fortes evidencias dunha presencia no pasado de auga. O mineral chamado xarosita que só se forma en presenza de auga, aparece por todas partes. Este descubrimento proba a existencia no pasado de auga en Meridiani Planum[16] Ademais, algunhas rochas amosan laminacións e sucos con formas que só poderían estar feitas polo fluxo de auga.[17] Estas laminacións e sucos foron atopados por primeira vez na rocha chamada “The Dells”. Algún xeólogos afirman que esta estratificación cruzada é consecuencia do transporte de auga ás cascadas ou regatos no subsolo.[18] Na galería de imaxes que está un pouco máis abaixo, pódese atopar unha proba gráfica deste fenómeno.

Existen nalgunhas rochas, buracos e recunchos con forma cúbicas e poliédricas causadas polos sulfatos que formaron grandes cristais, e que cando se disolveron, deixaron atrás esas formas nas rochas. [19] A concentración do bromo nestas rochas é moi variable xa que é moi soluble en auga. A auga puido concentralo nalgúns lugares máis que en outros antes de evaporarse. Outro mecanismo para a concentración de composto baseados no bromo altamente soluble sería a consecuencia do deposito de xeo durante a noite que crearía finas capas de auga que axudarían a concentra-lo bromo en zonas concretas.[20]

Rocha procedente dun impacto[editar | editar a fonte]

Unha rocha, a “Bounce Rock” atopada nas planicies areosas de Meridiani foi expulsada por mor dun impacto. A súa química é diferente a das rochas que compoñen o chan. Contén principalmente piroxeno e plaxioclasio e nada de olivina, semellase en boa parte, a Litoloxía B, do meteorito EETA 79001 do tipo Shergatito, meteorito procedente de Marte. "Bounce Rock" recibiu o seu nome por que estaba preto dunha das marcas deixadas polos "airbags" da Opportunity.[21]

Meteoritos[editar | editar a fonte]

A sonda Opportunity Rover atopou meteoritos xusto nas planicies nas que aterrou. O primeiro en ser analizado polo instrumentos da Opportunity foi o meteorito “Heatshield Rock,” que foi atopado preto de onde caeu o escudo térmico frontal da Opportunity. Examinando o meteorito co Miniature Thermal Emission Spectrometer (un espectrómetro que mide emisións termais moi febles), cun espectrómetro Mossbauer, e co APXS, chegouse a conclusión que era un meteorito de ferro tipo IAB. O APXS determinou que estaba composto dun 93 % ferro e dun 7 % níquel. Pensase que outro meteorito chamado “Fig Tree Barberton” está composto de rocha ou de rochas con ferro,[22] [23] mentres cós meteoritos “Allan Hills” e “Zhong Shan” poderían se meteoritos férricos.

Historia xeolóxica[editar | editar a fonte]

As observación feitas sobre o terreo levaron ós científicos a pensar que esa área estivo varias veces cuberta de auga e que estivo suxeita a varios procesos de evaporación e drenado.[24] Ó longo deste proceso foron depositados sulfatos, posteriormente estes sulfatos compactarían os sedimentos, cálculos e concrecións de hematita crecerían grazas as augas subterráneas. Algúns destes sulfatos formarían grandes cristais, que máis tarde se disolverían para crear recunchos e buratos. Moitas liñas de investigación apuntan a un clima árido nos últimos 1.000 millóns de anos, pero por algún tempo, o clima da zona tivo presenza auga, iso si, nun pasado remoto.[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Planum, plana: Meridiani Planum on Mars". http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3854?__fsk=30901685. Consultado o 12-03-2012. 
  2. Yen, A., et al. 2005. An integrated view of the chemistry and mineralogy of martian soils. Nature. 435.: 49-54.
  3. Bell, J (ed.) The Martian Surface. 2008. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-86698-9
  4. Squyres, S. et al. 2004. The Opportunity Rover’s Athena Science Investigation at Meridiani Planum, Mars. Science: 1698-1703.
  5. Soderblom, L., et al. 2004. Soils of Eagle Crater and Meridiani Planum at the Opportunity Rover Landing Site. Science: 306. 1723-1726.
  6. Christensen, P., et al. Mineralogy at Meridiani Planum from the Mini-TES Experiment on the Opportunity Rover. Science: 306. 1733-1739.
  7. Goetz, W., et al. 2005. Indication of drier periods on Mars from the chemistry and mineralogy of atmospheric dust. Nature: 436.62-65.
  8. Bell, J., et al. 2004. Pancam Multispectral Imaging Results from the Opportunity Rover at Meridiani Planum. Science: 306.1703-1708.
  9. Christensen, P., et al. 2004 Mineralogy at Meridiani Planum from the Mini-TES Experiment on the Opportunity Rover. Science: 306. 1733-1739.
  10. Squyres, S. et al. 2004. In Situ Evidence for an Ancient Aqueous Environment at Meridian Planum, Mars. Science: 306. 1709-1714.
  11. Hynek, B. 2004. Implications for hydrologic processes on Mars from extensive bedrock outcrops throughout Terra Meridiani. Nature: 431. 156-159.
  12. Dreibus,G. and H. Wanke. 1987. Volatiles on Earth and Marsw: a comparison. Icarus. 71:225-240
  13. Rieder, R., et al. 2004. Chemistry of Rocks and Soils at Meridiani Planum from the Alpha Particle X-ray Spectrometer. Science. 306. 1746-1749
  14. http://www.nasa.gov/mission_pages/mer/news/mer20111207.html
  15. http://www.sciencedaily.com/releases/2012/01/120125093619.htm
  16. Klingelhofer, G. et al. 2004. Jarosite and Hematite at Meridiani Planum from Opportunity’s Mossbauer Spectrometer. Science: 306. 1740-1745.
  17. Herkenhoff, K., et al. 2004. Evidence from Opportunity’s Microscopic Imager for Water on Meridian Planum. Science: 306. 1727-1730
  18. Squyres, S. et al. 2004. In Situ Evidence for an Ancient Aqueous Environment at Meridian Planum, Mars. Science: 306. 1709-1714.
  19. Herkenhoff, K., et al. 2004. Evidence from Opportunity’s Microscopic Imager for Water on Meridian Planum. Science: 306. 1727-1730
  20. Yen, A., et al. 2005. An integrated view of the chemistry and mineralogy of martian soils. Nature. 435.: 49-54.
  21. Squyres, S. et al. 2004. The Opportunity Rover’s Athena Science Investigation at Meridiani Planum, Mars. Science: 1698-1703.
  22. Squyres, S., et al. 2009. Exploration of Victoria Crater by the Mars Rover Opportunity. Science: 1058-1061.
  23. Schroder,C., et al. 2008. J. Geophys. Res: 113.
  24. Squyres, S. et al. 2004. The Opportunity Rover’s Athena Science Investigation at Meridiani Planum, Mars. Science: 1698-1703.
  25. Clark, B. et al. Chemistry and mineralogy of outcrops at Meridiani Planum. Earth Planet. Sci. Lett. 240: 73-94.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Meridiani Planum