Hematita
| Hematita | |
|---|---|
| Hematita de crecemento globular | |
| Fórmula química: | Fe2O3 |
| Clase: | Óxidos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Romboédrico |
| Cor: | Vermella e negra |
| Brillo: | De metálico a terroso |
| Dureza: | 5,5-6,5 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Inexistente |
| Raia: | Vermella escura |
| Densidade: | 4,9-5,3 g/cm3 |
A hematita (do grego haimatites que significa sangue; e tamén chamada olixisto[Cómpre referencia]) é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe2O3 (contén o 70% de ferro se se atopa en estado puro).
Índice |
Aspecto [editar]
A hematita pode presentar dende un brillo metálico nos exemplares escuros ata un brillo terroso nos ocres ou vermellos. O crecemento deste mineral pode ser acicular, laminar (parecido ás micas), formando costras e escamas ou tamén globular.
Lugares onde se atopa [editar]
Atópase principalmente en zonas de oxidación, en filóns hidrotermais ou do produto da meteorización das rochas compostas por ferro.
Os xacementos máis importantes en España son o das Minas del Marquesado en Guadix (provincia de Granada) e o de El Pedroso (Sevilla). Tamén aparece en Ortigueira (A Coruña) e en Viveiro (Lugo).
Usos da hematita [editar]
A hematita constitúe a fonte máis importante de ferro xa que en estado puro contén o 70% deste metal.
Utilízase tamén para crear colorantes industriais.
Propiedades [editar]
Aínda que con certa dificultade, disólvese en ácido clorhídrico.
Outros óxidos [editar]
O rutilo, a magnetita e a casiterita son outros óxidos importantes.