Epsomita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epsomita
Epsomite.jpg
Fórmula química: MgSO4 · 7H2O
Clase: Sulfato
Subclase: {{{subclase}}}
Sistema cristalino: Ortorrómbico
Cor: Branca, amarelada, verdosa, avermellada, rosa
Brillo: De vítreo a sedoso
Dureza: 2 - 2,5 (escala de Mohs)
Fractura: Concoidea
Exfoliación: Perfecta
Raia: Branca
Densidade: 1,68 g/cm³

A epsomita é a forma mineral do sulfato de magnesio heptahidratado (MgSO4 · 7H2O). O seu nome provén da localidade de Epsom (Surrey, Inglaterra), de onde hai tempo que son coñecidos os depósitos deste mineral asociados a augas minerais.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Aínda que é de cor branca, a epsomita adoita aparecer coloreada cunha variedade de matices pálidos debido á presenza de impurezas. Estas son fundamentalmente níquel, ferro, cobalto, manganeso e zinc; a cor rosa relaciónase coa presenza de cobalto, mentres que a verde asóciase a da de níquel.

Forma unha serie completa canda a goslarita (ZnSO4 · 7H2O) e a morenosita (NiSO4 · 7H2O).

A epsomita é soluble en auga e ten un sabor amargo e salgado. Ao aire libre deshidrátase, tornándose mate, polo que debe ser conservada nun recipiente pechado ou en plástico e ser limpada só con alcol. Cristaliza no sistema ortorrómbico.

Morfoloxía e formación[editar | editar a fonte]

A epsomita aparece formando cristais, agregados fibrosos, costras, estalactitas, eflorescencias. Habitualmente atópase como eflorescencias en zonas abrigadas de afloramentos rochosos dolomíticos e calcarios. Normalmente tamén se pode atopar nas paredes de covas e en depósitos de lagos salgados. Tamén abunda en paredes de minas de carbón e minas metalíferas, incluso ns soportes de madeira e no material abandonado.

Depósitos[editar | editar a fonte]

As acumulacións de epsomita son frecuentes, podéndose destacar os existentes na antiga Unión Soviética —lagos magnésicos de Djaman-Klytch e de Djelonsk—. Nos lagos salgados do Monte Kruger (Washington, Estados Unidos) acháronse cristais que teñen os 2 metros. En España existen eflorescencias importantes moi cerca de Calatayud (Aragón) e en México en Aquiles Serdán (Chiapas).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Epsomita

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]