Mars Climate Orbiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mars Climate Orbiter
Mars Climate Orbiter 2.jpg
Representación de Mars Climate Orbiter en órbita marciana.
Tipo Científico
Organización NASA
Destino actual Destruída contra o planeta.[1][2][3]
Data de lanzamento 11 de decembro de 1998, 18:45 GMT[4][1][5][6]
Foguete portador Delta 7425[1][3]
Sitio de lanzamento Centro espacial de Cabo Cañaveral, rampa 17A[1][2]
Obxectivo da misión Estudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID 1998-073A
Masa 338,0 kg[1]
Potencia 500,0 W[1]

Mars Climate Orbiter, tamén coñecida polo seu acrónimo MCO, foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 11 de decembro de 1998 mediante un foguete Delta 7425 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte. Ao chegar ao planeta perdeuse o contacto coa sonda.[1][3][2]

Características[editar | editar a fonte]

Mars Climate Orbiter foi parte do proxecto Mars Surveyor '98, que consistía nun orbitador (Mars Surveyor '98 Orbiter, o propio Mars Climate Orbiter) e nun aterrizador (Mars Surveyor '98 Lander, logo coñecida como Mars Polar Lander). O proxecto pretendía estudar a meteoroloxía marciana e o ciclo do auga e do dióxido de carbono en Marte.[1][3][2]

A estrutura principal tiña forma de caixa de 2,1 m x 1,6 m x 2,0 m albergando os equipos electrónicos e de propulsión. A masa ao despegue da sonda era de 629 kg, dos cales 291 kg eran de propelente. A alimentación eléctrica era proporcionada por un panel solar de 11 m² de superficie e 5,5 m de longo. As comunicacións principais tiñan lugar grazas á antena de alta ganancia, formada por unha parabólica de 1,3 m de diámetro, ademais de por antenas para UHF coas que comunicarse coa Mars Polar Lander. O sistema de propulsión tiña un motor bipropelente de 640 N de pulo.[1][3][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Mars Climate Orbiter foi lanzada o 11 de decembro de 1998 ás 18:45:41 UTC mediante un Delta 7425 desde Cabo Cañaveral. A sonda voou ata Marte sen novedade, pero un erro de navegación no que se confundiron unidades do sistema imperial británico e do sistema métrico fixo que o achegamento ao planeta se fixera a unha altitude demasiado baixa, co que en lugar de unha aproximación a entre 140 e 150 km da superficie do planeta, MCO pasou a 57 km da superficie, destruíndose pola fricción coa atmosfera marciana.[1][3][2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars Climate Orbiter