Magnetita
| Magnetita | |
|---|---|
| Magnetita cristalizada na súa típica forma octaédrica | |
| Fórmula química: | Fe3O4 |
| Clase: | Óxidos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Cúbico |
| Cor: | Negra |
| Brillo: | Metálico |
| Dureza: | 6-6,5 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Imperfecta |
| Raia: | Negra |
| Densidade: | 5,2 g/cm3 |
A magnetita é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe3O4 (31% de FeO e 69% Fe2O3).
Índice |
Aspecto [editar]
A magnetita cristaliza normalmente en forma de octaedros e tamén en dodecaedros (aínda que é moito máis raro). Pode aparecer tamén formando masas ou en forma de area. A súa cor e negra e o seu brillo metálico.
Lugares onde se atopa [editar]
Por ser un mineral de xénese moi variada, a magnetita pódese atopar en diversos ambientes.
Aparece en abundancia en Kirunia (Suecia) e en forma de area nas rías galegas de Vigo e de Pontevedra.
Usos da magnetita [editar]
A magnetita é unha importante fonte de ferro.
Propiedades [editar]
Os momentos magnéticos dos diferentes catións de ferro do sistema encóntranse fortemente acoplados por interaccións antiferromagnéticas, pero de forma que en cada cela unidade o resultado é un momento magnético non compensado. A suma destes momentos magnéticos non compensados, fortemente acoplados entre eles, é a responsable de que a magnetita teña propiedades magnéticas e se comporte coma un imán.
Outros óxidos [editar]
O rutilo e a casiterita son outros óxidos importantes.