Matthew Bellamy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matthew Bellamy
Matthew bellamy2.jpg
Nome completo Matthew James Bellamy
Alias
Naceu 9 de xuño de 1978 (34 anos)
Orixe Cambridge Inglaterra
Morreu
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) voz, guitarra, piano, órgano, mandolina
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Muse
Tempo en activo
Web

Matthew James Bellamy, nado o 9 de xuño de 1978 en Cambridge, é un músico inglés, coñecido por ser o vocalista, guitarrista, pianista e pricipal compositor da banda de rock alternativo Muse.

Índice

Traxectoria [editar]

Infancia [editar]

O seu pai, George Bellamy, era guitarrista no grupo The Tornados, o primeiro grupo do Reino Unido en ser nº 1 nas listas de vendas dos Estados Unidos[1]. A súa nai, Marilyn, naceu en Belfast e mudouse a Inglaterra nos anos 70. No seu primeiro día en Inglaterra coñeceu a George Bellamy, mentres traballaba como taxista en Londres. Mudáronse a Cambridge, onde Paul, o irmán maior de Matt, naceu en 1976.

En 1988 mudáronse a Teignmouth, Devon. Con 14 anos os seus pais divorciáronse, e foi vivir coa súa avoa durante un tempo.

"Estábase ben en casa, clase media, tiñamos cartos", dixo Matthew. "Creo que tiña case todo o que quería ata os 14 anos, si. Entón, todo cambiou, os meus pais divorciáronse, fun vivir coa miña avoa, e non había moitos cartos. Teño unha irmá maior ca min, a miña medio irmá: o meu pai tívoa antes de casar, e tamén un irmán menor. Ata os 14, a música era parte da miña vida, e chegouse a converter nunha necesidade"[Cómpre referencia].

Aínda que Matthew probara co piano desde neno nunca lle interesou ata que o seu irmán o obrigou a inscribirse nun concurso, que gañou. Nese momento comezou a aspirar a ser un compositor de música clásica, ata que viu un concerto de Rage Against the Machine e sorprendeuno a actuación de Tom Morello, unha das súas principais influencias para a guitarra[Cómpre referencia]. Con 14 anos fixo unha proba para entrar na banda de Dominic Howard, actual batería de Muse[Cómpre referencia].

Influencias [editar]

Bellamy usa altas liñas vogais como referencia de Muse. Este falsetto é unha característica principal do grupo. O seu estilo vogal foi comparado ao de Thom Yorke de Radiohead, Freddie Mercury de Queen e ao de Jeff Buckley, ao que Bellamy citou como maior influencia[Cómpre referencia].

As súas composicións no piano foron inspiradas por pianistas como Serguéi Rachmáninov, e como resultado dunha fusión do estilo Romántico con rock naceron moitas cancións de Muse, como "Space Dementia" ou "Butterflies and Hurricanes"[Cómpre referencia]. Esta última contén un pequeno intermedio que recorda a unha composición de Rachmaninoff[Cómpre referencia].

Bellamy citou algúns guitarristas que o influíron, como Jimi Hendrix ou Tom Morello. Deste último nótase especialmente a influencia nos riffs das cancións do segundo álbum de Muse, Origin of Symmetry[Cómpre referencia].

Notas [editar]

  1. "Revelation on stage" en This is London (en inglés)

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]