Dominic Howard
| Dominic Howard | |
|---|---|
| Nome completo | Dominic James Howard |
| Alias | |
| Naceu | 7 de decembro de 1977 (35 anos) |
| Orixe | Stockport |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | batería, percusión, sintetizador |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Muse |
| Tempo en activo | 1988 - actualidade |
| Web | |
Dominic James "Dom" Howard (nado o 7 de decembro de 1977), é o batería da banda inglesa de rock alternativo Muse.
Biografía [editar]
Howard naceu en Stockport, Greater Manchester e cando tiña uns 8 anos trasladouse coa súa familia a Teignmouth, un pequeno pobo de Devon. Comezou a tocar a batería aos 12 anos, despois de ver a unha banda de jazz tocar na súa escola.
O seu primeiro grupo, que tivo no colexio, chamouse Carnage Mayhem. Nese tempo fíxose amigo de Matt Bellamy, que tocaba a guitarra pero non tiña unha banda estable. Pouco despois Bellamy tivo a posibilidade de entrar na banda de Howard. Despois de dous anos Bellamy suxeríu as súas propias cancións, e tras varias saídas de membros só permaneceron Howard e Bellamy. Chris Wolstenholme, que tocaba a batería en Fixed Penalty, uniríase ao eles tocando o baixo. Nos primeiros meses de 1994 naceu Gothic Plague, á que lle cambiaría o nome para Rocket Baby Dolls e finalmente chamaríase Muse.
No ano 2004 o pai de Howard, William Howard, foi ver a banda no festival Glastonbury 2004, un concerto do que Bellamy dixo que fora "o mellor concerto das nosas vidas". Xusto despois de rematar a actución, William morreu dun ataque ao corazón. Grazas ao apoio da familia e os seus compañeiros de banda, Dominic recuperouse, e Muse puido continuar a súa xira.
O 26 de setembro do 2008, Howard, xunto con Bellamy e Wolstenholme, foi nomeado doutor honoris causa pola universidade de Plymouth.
|
||||||||||||||||||||